Vivenda

Stop Desafiuzamentos volve concentrarse diante do Popular no Cantón Grande

O xulgado de Betanzos fixou un lanzamento para o 14 de setembro e denegou a moratoria ó desafiuzamento.

Stop Desafiuzamentos volve concentrarse diante do Popular no Cantón Grande
Protesta de Stop Desafiuzamentos en Sada este domingo 11 de xuño (3)
Protesta de Stop Desafiuzamentos en Sada o 11 de xuño pasado.

O Banco de Santander, que adquiriu este ano o Bando Popular ao prezo simbólico de 1 euro, ten présa por executar as accións contra clientes hipotecados que deixaron pendentes os antigos donos. Por iso, Stop Desafiuzamentos A Coruña convocou unha concentración, mañá venres ás 12:30 horas, diante do Banco Popular do Cantón Grande para evitar o desafiuzamento de un matrimonio e o seu fillo, sen recursos tras o peche do seu negocio.

Nun comunicado, os activistas informan de que "o Banco Popular (agora Santander) volve pedir no Xulgado de Betanzos que se fixara unha nova data para o lanzamento da vivenda do matrimonio de sexaxenarios sen ingresos de Sada. O xulgado fixou o lanzamento para o 14 de setembro e denegou a moratoria ó desafiuzamento, seguindo a mesma liña argumental que empregou o Banco Popular (agora Santander) porque, afirman, non se cumpren os requisitos de vulnerabilidade, sen especificar en ningún momento cales son eses requisitos incumpridos. Ademais, como tampouco cabe opción de recurso contra a resolución que denega a moratoria, a avogada que defende a familia soamente puido presentar un recurso de apelación".

Desde Stop insisten na denuncia de que a entidade actúa "de mala fe o negarlles información" aos afectados que deben esperar a resolución do recurso fronte o lanzamento e a apelación, mentres que o xuíz considera que non hai lugar á nulidade de actuacións limitándose a afirmar que non se produciu indefensión.


 

Stop Desafiuzamentos volve concentrarse diante do Popular no Cantón Grande