Última semana de traballos de demolición

Inés Rey agradece a paciencia ás veciñas e aos veciños da Ronda de Nelle e indica que o xoves empezará a regularse o tráfico mediante unha rotonda.
Última semana de traballos de demolición
Inés Rey, este xoves nas obras de demolición do viaduto. Imaxe Concello da Coruña
Inés Rey, este xoves nas obras de demolición do viaduto. @Concello da Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron onte as obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle para comprobar o avance do proxecto que xa entrou na súa terceira fase e que suporá unha gran transformación na mobilidade do barrio, onde os peóns terán prioridade.

A rexedora, que destacou que os traballos avanzan "a un ritmo espectacular" e dentro dos prazos previstos.  

A actuación entra na súa terceira fase de desenvolvemento. Ata o día 5 de marzo (xoves próximo) demoleranse os vans 2 e 1, así como os estribos e os muros dos estribos. Nesta fase, manterase o valado da fase 2 mais permitirase o paso peonil e de vehículos pola avenida de Fisterra. A partir do 5 de marzo, unha glorieta servirá para regular o tráfico coa avenida de Fisterra. 

Última semana de traballos de demolición