eleccións municipais

Xan Xove: "É duro pero asumimos o ditame"

O cabeza de lista da Marea Atlántica, Xan Xove, compareceu hoxe para facer valoración tras o escrutinio.
Xan Xove: "É duro pero asumimos o ditame"
Valoración MA
Valoración MA

A Coruña, 29/05/2023.- Xove felicitou ao PSOE e ao BNG polos resultados e afirmou que "desde a Marea Atlántica fixemos unha campaña en positivo, defendemos un proxecto de cidade no que cremos, e que pensamos beneficioso para A Coruña. A cidadanía, lamentablemente, non o viu así. Os resultados son pésimos, sen paliativos, nun contexo de fortalecemento da dereita e retroceso das forzas progresistas. É duro pero asumimos o ditame".

Engadiu que "a Marea Atlántica vai abrir un proceso de reflexión interna, para analizar as liñas políticas a seguir no futuro". E agradeceu o traballo das persoas voluntarias, que percorreron a cidade durante semanas, cun esforzo inmenso.

Xan Xove: "É duro pero asumimos o ditame"