Comercio de barrio

Un ano de produtos de limpeza a granel

O 17 de xuño cúmprese o primeiro aniversario de La Revolución de los Graneles, primeira tenda adicada ós produtos de limpeza a granel en Coruña.

Un ano de produtos de limpeza a granel
General Revolución
Interior tienda de La Revolución de los Graneles

Neste ano, os coruñeses consumiron máis de trece toneladas de produtos biodegradables provenientes de esta tenda, máis dunha tonelada ó mes.

A proposta de La Revolución de los Graneles aforrou ó medio ambiente o desperdicio de 8.000 envases plásticos que, doutro xeito, acabarían contaminando a natureza.

 

La Revolución de los Graneles, primeira tenda de produtos de limpieza a granel de Coruña, cumple un ano.

Neste período, o local ubicado na Avenida dos Mallos 45 dispensou coa súa novedosa proposta máis dunha tonelada mensual de produtos biodegradables.

O sistema, no que os propios clientes levan o seu envase ou usan un donado por outros veciños, sigue sendo novedoso a pesar de que supón a volta ó xeito habitual de facer a compra non fae tantos anos.

A tenda forma parte de 4eco, alianza de pequenos negocios para poder produciren a gran escala sen perder a independencia de cada tenda e non comprar un produto existente, senón fabricar un propio.

Ademais de produtos de limpeza, en La Revolución de Los Graneles, pódense atopar produtos de hixiene personal e cosméticos. Inda que estes non se distribuén a granel, por non estar permitido legalmente, os formatos que se poden atopar na tenda veñen envasados en cartón, vidro ou aluminio, sempre libres de plástico.

O nome da tenda xurde da relación entre os produtos e os prezos que se poden atopar nela. En palabras do seu dono, Dani Rocha, “cando comezas a buscar produtos ecosostibles, atópaste con que o prezo impídete acceder a moitos deles. O nome de ‘La Revolución de los Graneles’ vén de que a evolución que ten pendente o mundo eco é poder achegar os prezos para que os use todo o mundo. Se a alternativa que das ós produtos contaminantes non é accesible, non tes unha alternativa, tes un clube privado”.

A filosofía da tenda, ademais de polo prezo, establécese polos seus proveedores, pequenas empresas na súa maioría para fortalecer o feito de que o pequeno comercio é a entrada destes pequenos negocios ó mercado do público en xeral.

Para achegar dita filosofía de La Revolución de los Graneles máis alá do público de a pé, como novidade para este ano está a tenda online que verá a luz en vindeiras datas.

Comentarios
Un ano de produtos de limpeza a granel