Distrito Mallos

Festas de outono do comercio dos Mallos: Samaín e Mallosto

Este ano o outono chega cargadiño de diversión da man dos comerciantes do barrio dos Mallos que forman o noso Centro Comercial Aberto.
Festas de outono do comercio dos Mallos: Samaín e Mallosto
DM 30 04
Samaín dos Mallos

Comezaremos a tarde do 31 de Outubro co noso xa consolidado roteiro de Samaín no que a rapazada terá que facer un percorrido cheo de sustos e lambetadas.

Este ano teremos uns kits vip de Samaín que incluén pulsera molona do evento e mapa dos 37 establecementos participantes. Toda a cativada que o remate e no lo traia ao Mallosto participará nun sorteo de agasallos en directo no que destacan dúas entradas para a escape room da empresa OcioImpAct a elixir entre os xogos de Clue Hunter e Clínica El Pasaje .

DM 30 01
Samaín Mallos

Xa nos tarda ver as nosas rúas engalanadas cos escaparates de Samaín, do que sempre sae algún finalista no concurso de escaparatismo do concello e como non, cheas dos vosos disfraces arrepiantes broche de ouro para pasalo de medo.

Tamén estamos moi emocionad@s de anunciar a segunda edición do Mallosto, o 10 de Novembro a partires das once na praza do Mercado da Sardiñeira (Agra dos Mallos). Unha iniciativa nacida do noso querido CCA Distrito Mallos, e que sen o apoio do Concello e da FUCC non sería posible, para agradecer a todos os veciños e veciñas que apoian o comercio local.

DM 30 02
31 de outubro pola tarde

No Mallosto teremos de todo!! Mercado con comercio da zona, obradoiros artesans, animación infantil, xogos de pistas, música en directo, castañas, foodtrucks e moitas ganas de festaa!!

Podedes seguir o avance do programa de todos estes eventos nas nas redes sociais de Distrito Mallos e na nosa APP EuMallos.

Cada vez que escolledes as tendas do barrio, estades axudando a manter viva a nosa comunidade, a crear lazos máis fortes e a coidar o que nos fai únicos.

DM 30 05
Participa!

Detrás deste proxecto hai moito traballo desinteresado, colaboración e, sobre todo, moita ilusión do noso comercio por seguir construíndo un barrio mellor xunto a vós.

Grazas a toda a veciñanza e especialmente aos nosos establecementos asociados: sen eles e elas esto non sería posible.

A xunta directiva 
Distrito Mallos
Centro Comercial Aberto

Campaña de Outono cofinanciada por Xunta de Galicia e Deputación da Coruña

DM 30 07
DM 30 07
Festas de outono do comercio dos Mallos: Samaín e Mallosto