Memoria histórica

As nove persoas acusadas polos Franco reclaman no xuízo a devolución da Casa Cornide

Elvira Branco, portavoz de os 9 da Casa Cornide e Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento de Galicia, fixeron declaracións ás portas do xuízo.
As nove persoas acusadas polos Franco reclaman no xuízo a devolución da Casa Cornide
Os 9 da Casa Cornide á entrada ao xuizo
Os 9 da Casa Cornide á entrada ao xuizo

Declaracións de Elvira Branco e Mercedes Queixas

A Coruña, 4 de febreiro de 2021.- As nove persoas denunciadas pola familia Franco por participaren nun acto de protesta para a devolución da Casa Cornide reclarmaron de novo na vista oral nos xulgados da Coruña o fin do espolio franquista. Ás portas do xulgado da Coruña onde se celebrou o xuízo, unha concentración esixiu a absolución das nove activistas e a devolución integral do patrimonio roubado polo ditador.

Elvira Branco, Óscar Calvo, Dani Carballada Armando Carril, Carolina Fernández, Salvador González, Bieito Lobeira, André López e Manuel Méndez, todos eles militantes do BNG, declararon hoxe nos xulgados da Coruña acusados dun delito leve de coaccións polo acto reivindicativo no que participaron para a devolución da Casa Cornide o 26 de setembro de 2017. 

A portavoz do grupo de activistas, Elvira Branco, lamentou á entrada no xuízo  que as nove persoas xulgadas se enfronten "en pleno ano 2021 a un xuízo pola denuncia da familia do ditador a un grupo de activistas democráticas que reivindicaban a devolución do roubado ao patrimonio público".

Antes do inicio do xuízo, Elvira Branco anunciou que as nove persoas denunciadas recoñecían os feitos acontecidos o 26 de setembro de 2017 cando despregaron unha faixa na Casa Cornide na que se reclamaba a devolución do patrimonio espoliado en 1962. "Non temos nada que ocultar. Somos nós quen fixo esta acción porque consideramos que era necesario denunciar o roubo e chamar a atención sobre a Casa Cornide cun acto que tivese impacto social e que servise para activar as administracións implicadas neste tema, por unha banda a Xunta para que avanzase na declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) deste inmóbel, o que impediría que se viviran escenas como as das últimas semanas cando varias furgonetas baleiraron a casa e tamén que a familia Franco fagan negocios cos bens que usurparon e, por outra parte, para activar ao concello na presentación da querela xudicial para que pase a ser patrimonio público",  destaca Elvira Branco.

Denunciou tamén a "actitude vingativa" da familia Franco "que non entenden de democracia e só pretenden defender os seus privilexios" e mesmo intentaron aumentar o grao dos delitos polos que o grupo de activistas está a ser xulgado. "Por unha parte estamos no xuízo como acusados un grupo que defende a xustiza e a democracia e pola outra, na acusación imos ter á familia Franco, así son as cousas a estas alturas da historia", concluíu a portavoz do grupo antes de entrar para declarar na causa que se sigue Xulgado de Instrución nº 4 da Coruña. 

Comentarios
As nove persoas acusadas polos Franco reclaman no xuízo a devolución da Casa Cornide