AXENDA CULTURAL

O barrio de Labañou e de San Roque de Fóra recupera a Festa dos Porcos

A partir dun obradoiro de vídeo que indagaba na memoria do barrio, descubriron que antigamente celebrábase en San Roque de Fóra unha romaría o día de San Antonio o 13 de xuño, a última vez debeu de ser fai 60 anos.

O barrio de Labañou e de San Roque de Fóra recupera a Festa dos Porcos
Cartaz da Festa dos Porcos
Cartaz da Festa dos Porcos

A Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero organiza as festas de Labañou. San Roque era moi rural e vivía do mar e do campo, na Coruña eran moi coñecidas as cuchiqueiras de San Roque, cortellos que enchían o barrio e que seguramente alimentaban á cidade da Coruña, de aí o nome da festa. Din os maiores que era unha romaría moi bonita, que se facía no adro da desaparecida capela de San Roque, onde está agora a cala da Cetárea.

A recuperación desta festa ten dous motivos, unha de recuperación de memoria, xa que con esta festa farán un exercicio de memoria colectiva para saber como era o barrio antes de que a cidade o "comera". E o outro motivo é recuperar as festas do barrio, xa que levaban algúns anos sen elas. As festas sempre foron o mellor catalizador social que lle axuda á xente a sentirse máis do seu barrio.

A festa será o 8 de xuño, aínda que o 7 de xuño comezarán voltando a presentar os vídeos do obradoiro “ A vida e memoria do barrio de Labañou en vídeo” de onde naceu a idea de recuperar a festa.

A programación da festa é atractiva tanto para nenos como para maiores, é moi variada e con estilos que para todos os gustos.

Programación da festa:

  • Ás 12:00 Passarrúas e actuación de A.C. Donaire.
    A Asociación Cultural Donaire créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore galego.
  • A 13:30 Las Antonias actuarán no vermú.
    Banda deminina creada no 2015 en A Coruña. Destripan cancións de sempre, apoderan mulleres, cambian letras, inclúen humor e  ensaian co público!!
  • As 17:30 Peter Punk Pallaso faranos rir a grandes e maiores
    É un neno chegado do país de Nunca Máis que se resiste a medrar, un pallaso pillabán e irreverente que xa ten percorrido rúas, prazas e escenarios de toda a Península e máis alá, e espallado risos e tartazos mesmo en Idomeni.
    Chungo ke te cagas
    Malabares (até con lume!), participación do público miúdo e adulto, globoflexia, gargalladas, tartazos e un humor coma o do neno aquel que se atrevera a berrar “o Emperador vai espido!” cando toda a xente calaba.
  • Ás 19:00 A.C. Son d'aquí farán un obradoiro para que todos nos animemos a bailar con eles.
    É outra asociación cultural da Coruña, que entre outras cousas din esto: Nós somos da terra, somos d’aquí! Úneste a desfrutar con nós?
  • Ás 21:00 xa empezará o concerto de A banda da Loba
    Banda de mulleres cun estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.
  • As 23 Pablo Balseiro & Cascarillas pecharán o retorno da Festa Dos Porcos. Para a asociación un dos grandes obxectivos é facer festas con músicos do barrio. E Pablo é un músico do barrio con moita experiencia que, non dubidedes, nos fará bailar e pasalo ben.

A festa é financiada polo concello da Coruña a través de FACEMOS COMUNIDADE que ten como obxetivo que o tecido veciñal axude á descentralización da oferta cultural da cidade. E tamén colaboramos con Donaire e Son D’aqui a través do plan de apoio a entidades con arraigo,facendo posibles as súas actuacións.

Comentarios
O barrio de Labañou e de San Roque de Fóra recupera a Festa dos Porcos