BNG | nota de prensa

O BNG pídelle ao goberno local que convoque no menor tempo posíbel o Consello da Memoria Democrática,que leva sen se reunir desde novembro de 2019

Avia Veira lembra como tarefas por realizar a interposición da demanda para recuperar a titularidade da Casa Cornide e a retirada de simboloxía franquista e de honras e distincións a alcaldes fascistas como Sergio Peñamaría de Llano
O BNG pídelle ao goberno local que convoque no menor tempo posíbel o Consello da Memoria Democrática,que leva sen se reunir desde novembro de 2019
Casa Cornide
Casa Cornide

A Coruña, a 20 de febreiro de 2021.- A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral para o Pleno do Concello do próximo mes de marzo co obxectivo de que o Goberno Local convoque no menor tempo posíbel o Consello da Memoria Democrático. Este órgano leva sen se reunir desde o 27 de novembro de 2019.

As tarefas pendentes que en materia de memoria histórica ten o Concello non son poucas, salienta Avia Veria, polo que cómpre que o CMD se reúna canto antes a efectos de dar impulso a eses traballos.

Na súa última reunión, o Consello da Memoria Democrática acordou “a continuidade dos traballos de retirada da simboloxía franquista, iniciados no mandato pasado” e resolveu tamén volver abrir a Oficina de Atención ás Vítimas do Franquismo.

Estes acordos viraron papel mollado e fican aínda por se materializar. “Entendemos que nos meses de confinamento [o CMD] non se puidese convocar, mais desde aquela pasaron moitos meses e os membros do CMD deben de lle facer seguimento aos traballos encargados e ir activando as medidas que destes traballos se deriven”, di Avia Veira.

Canto á Casa Cornide, a edil nacionalista volve urxir o Goberno Local a “presentar o antes posíbel a demanda xudicial para a súa recuperación, toda vez que sabemos que o Goberno Local xa solicitou a declaración de BIC, conta cun informe xurídico da Universidade da Coruña e coñece tamén o pronunciamento do TSXG sobre o Pazo de Meirás”.

O BNG pídelle ao goberno local que convoque no menor tempo posíbel o Consello da Memoria Democrática,que leva sen se reunir desde novembro de 2019