BNG | nota de prensa

O BNG pídelle ao goberno local que na súa política de contratación favoreza o emprego de calidade das persoas con discapacidade e en situación de risco social

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixiuse por escrito ao Goberno Local para saber se na súa política de contratación o executivo coruñés pensa estabelecer unha percentaxe mínima significativa de contratos para os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.

O BNG pídelle ao goberno local que na súa política de contratación favoreza o emprego de calidade das persoas con discapacidade e en situación de risco social
Concello da Coruña
Concello da Coruña

A Coruña, a 12 de setembro de 2020.  Estes centros teñen como principal obxectivo fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e en situación de risco de exclusión social, obxectivo que o BNG partilla totalmente.

Na exposición de motivos desta iniciativa, unha pregunta por escrito, Jorquera lembra que na disposición adicional cuarta da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público se estabelece que nas entidades locais se han de fixar “porcentaxes mínimas de reserva de dereito a participar nos procedementos de adxudicación de determinados contratos ou de determinados lotes dos mesmos aos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.

Jorquera inquírelle agora ao executivo presidido por Inés Rey se vai fixar esa porcentaxe e, en caso afirmativo, cal sería esta e en que prazos se estabelecería.

Este asunto xa foi levado polo BNG ao Pleno do Concello, en forma de rogo oral, na sesión realizada o pasado xoves.

O BNG pídelle ao goberno local que na súa política de contratación favoreza o emprego de calidade das persoas con discapacidade e en situación de risco social