SEN ÁNIMO DE NOME | NOTA DE PRENSA

Combate Poético 6 xullo 2019 - IV Edición

Sen Ánimo de Nome  convídavos a cuarta edición do "Combate Poético".

  • Día e hora: sábado 6 de xullo 2019 ás 19:30h.
  • Lugar: Praza das Bárbaras, Casco Vello, A Coruña.

 

Combate Poético 6 xullo 2019 - IV Edición
Combate Poético 6 julio 2019
Combate Poético 6 julio 2019

O “Combate Poético” é un proxecto artístico que pretende dar protagonismo ó xénero poético. É un xogo, unha jam de poesía onde 16 poetas convidadxs se enfrontan entre elxs a partir de 8 diferentes combates por parellas, co obxectivo de escalar as probas e gañar a liga; quen decide é o público co seu voto.

Xs poetas enfróntanse nun falso ring, a árbitra convidada é Pepa Díaz, quen presentará xs participantes na figura de madriña de honra do espectáculo.

Como Asociación Cultural queremos subliñar o feito de que o Combate Poético é un proxecto que non quere fomentar a competición entre poetas e poesías. É un xogo que ten como fin, promover e impulsar a creatividade e a súa disciplina artística nun completo espírito de diversión e sarcasmo.

É unha maneira de ironizar coa loita, facer dela pura sátira e destacar o xénero poético, dándolle o valor que merece. Un día especial onde a única protagonista é a POESÍA.

O Combate desenvólvese en catro quendas desde os oitavos de final, pasando polos cuartos e semifinais para finalizar coa final. O público é o maior protagonista, decidindo co seu voto quen accede ás quendas sucesivas. A gañar é o amor, a creatividade e a poesía. 

Vídeos resumos das pasadas edicións:

Comentarios
Combate Poético 6 xullo 2019 - IV Edición