CIG | nota de prensa

“Como calquera empresa”

O pasado 16 de maio a Universidade da Coruña (UDC) convocou unha  xuntanza ca representación legal dos/as traballadores/as co fin de comunicarnos a  decisión tomada de rescatar o servizo de limpeza, que se viña realizando por tres  empresas. O xeito de facelo viable sería a través do encargo por parte do reitor á  Fundación da Universidade (FUAC), pasando polo tanto a ser xestionado por unha  entidade pública.
“Como calquera empresa”

En posteriores xuntanzas comunicáronnos que a Asociación Profesional de  Empresas de Limpeza (ASPEL) interpuxo recurso ante o Tribunal Administrativo de  Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL) nun claro  intento de paralizar este proceso de reconversión. Dende a CIG saímos aos  medios na defensa da UDC, convencidos/as que a xestión pública é máis  eficiente. 

O día 1 de decembro levouse a cabo o encargo, coa consecuente obriga de  subrrogar a todo o persoal que legalmente ten dereito. E aquí é onde  sorprendentemente nos atopamos que non subrrogan a 3 delegados, e unha  muller con discapacidade. Unha entidade pública se lle presupón máis dignidade  e unha aplicación máis escrupulosa da legalidade. Non é un despido, é un  incumprimento dunha obriga legal.  

Non ten defensa este xeito de actuar, tan rastrero e propio das empresas  máis agresivas. Nesas xuntanzas onde se mantiña informada á representación  legal, pedíusenos paciencia, e a tivemos, pedimos explicacións ante palabras  usadas como “flexibilidade”, e a resposta foi “como calquera empresa” e agora  esas palabras cobran máis significado ca nunca, aínda que non é como calquera  senón coma as peores. 

O uso do público fai que en ocasións as persoas que están dentro pensen  que están por riba de todo ben e todo mal, coma se por sacar unha oposición e/ ou ter un cargo de responsabilidade lles fora concedido un don de gracia próximo  a unha deidade. Mais non se debe confundir a entidade coas persoas que a  integran e seguimos a defender o público coma un servizo útil e necesario. O  persoal da limpeza da UDC non somos funcionarios/as, pero si persoas. 

A UDC preséntase coma un “servizo público de calidade orientado á  procura de maiores niveis de benestar para o conxunto da sociedade… nun marco  de valores éticos xeralmente aceptados…” Que mensaxe lle queren transmitir á  cidadanía e ó persoal de limpeza tentanto saltarse á lei xusto coas persoas que as  representan ante eles e cunha persoa vulnerable? É esta a maneira que queremos  que se xestionen os cartos públicos? 

ASÍ NON!!!

“Como calquera empresa”