Marea Atlántica | nota de prensa

O Consello Consultivo de Castela e León tamén sinala que as edís non adscritas non poden formar parte dun goberno local

En resposta á consulta dun concello, este organismo oficial da comunidade autónoma explica nun extenso ditame por que é ilegal a situación actual en María Pita
O Consello Consultivo de Castela e León tamén sinala que as edís non adscritas non poden formar parte dun goberno local
Mónica Martínez port
Mónica Martínez

A Coruña, 2 de febreiro de 2021.- Cada día son máis as sentenzas e ditames que deixan claro que unha concelleira non adscrita, por ter abandonado a formación coa que resultou elixida, non pode formar parte dun goberno local nin ver incrementado o seu salario. O último, o do Consello Consultivo de Castela e León, que o 21 de xaneiro se expresaba con esta claridade: “Un concelleiro non adscrito non pode ser designado tenente de alcalde nin membro da Xunta de Goberno, e tampouco pode exercer cargo por delegación do alcalde. Conseguintemente, tampouco poderá percibir retribución por tales conceptos”.

En resumo, tal e como leva meses denunciando a Marea Atlántica, o nomeamento da tránsfuga Mónica Martínez como responsable da área de Deportes do Concello da Coruña é ilegal. Inés Rey vulnerou a Lei de Bases de Réxime Local cando o asinou, e négase teimosamente a corrixir a situación. Por iso a Marea Atlántica se viu na obriga de presentar a semana pasada un recurso no Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña. Porque o transfuguismo é unha cousa que corrompe as institucións, e debe combaterse aló onde apareza. Coa democracia no se xoga.

Ver ditame

O Consello Consultivo de Castela e León tamén sinala que as edís non adscritas non poden formar parte dun goberno local