Unidas Podemos | nota de prensa

José Manuel Sande, candidato por Unidas Podemos na Coruña, propón unha programación cultural e deportiva estable nos terreos portuarios liberados

O candidato á alcaldía presentou algunhas das liñas mestras do proxecto municipal nun acto en ASCEGA (asociación de empresarios e autónomos)

José Manuel Sande, candidato por Unidas Podemos na Coruña, propón unha programación cultural e deportiva estable nos terreos portuarios liberados

A Coruña, 23 de febreiro de 2023. Unha cidade dinámica ten que ter na cultura e no deporte un dos obxectivos claves para a revitalización da mesma. A Cultura e o deporte, tamén como motores da dinamización económica da cidade.

Ademáis de dar resposta ás intervencións das persoas asistentes, que mostraron gran interés por coñecer o proxecto de cidade en varios eixos, o candidato anunciou unha proposta de convenio de colaboración entre o Concello e a Autoridade Portuaria para a execución dunha programación cultural e deportiva estable nos terreos de dominio público dos peiraos interiores da cidade liberados dos usos portuarios.

A iniciativa pasaría por que o Concello fose promotor dos eventos e a Autoridade Portuaria cedería o uso do solo a este fin. Os usos culturais que hoxe en día se acollen nos terreos portuarios amosan que é factible abrir á cidadanía os mesmos, cunha intervención mínima; pero ao mesmo tempo consideramos que a iniciativa ten que ser pública, “promovida e liderada polas administracións públicas”, como recalcou José Manuel Sande, a fin de non só manter os usos ao longo do ano, senon facelos dun xeito máis inclusivo e participativo.

Trátase de desenvolver unha programación diversa, ampla, continua e dirixida especialmente a dar resposta ás necesidades da cidade, pero que funcionaría tamén como tractora dun turismo interesado na cultura. No eido deportivo, esta proposta debe ser un primeiro paso para a implantación de infraestruturas deportivas, flexibles, abertas e 'de base'. A proposta tivo moi boa acollida entre os presentes.

Tratáronse ademáis outros temas de interese cidadán como a vivenda, a revitalización do comercio local e a importancia dos barrios como eixe vertebrador da Coruña.

José Manuel Sande, candidato por Unidas Podemos na Coruña, propón unha programación cultural e deportiva estable nos terreos portuarios liberados