Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica preguntará no Pleno polo apoio do gobeno municipal aos modelos cooperativos de vivenda

Pedímoslles que escoiten a proposta da cooperativa Outra Forma de Vivenda, para un proxecto de fogares sostibles, comunitarios e en cesión de uso

A Marea Atlántica preguntará no Pleno polo apoio do gobeno municipal aos modelos cooperativos de vivenda
20210705_SGR_outra_forma_de_vivenda_Z7F1850
Xuntanza de Marea Atlántica con Outra Forma de Vivenda

Modelos similares están a funcionar con éxito en La Borda en Barcelona ou Entrepatios en Madrid

A Coruña, 19 de xullo de 2021.- O vicevoceiro da Marea Atlántica e representante na Comisión de Urbanismo, Iago Martínez, mantivo un encontro estes días con representantes da cooperativa Outra Forma de Vivenda, para coñecer os avances no seu proxecto de vivenda accesibles, sustentables e comunitarias. Propoñen crear na Coruña un modelo de cesión de uso, que cubra a necesidade de vivenda dun xeito inclusivo, tendo en conta ás necesidades de mobilidade e asistencia de cada persoa, e que promova o traballo e a responsabilidade comunitaria.

Outra Forma de Vivenda xa organizou unhas xornadas na Coruña, en 2017 co apoyo de goberno da MA, para dar a coñecer a súa proposta, e xa se constituiu como cooperativa. Pero para seguir adiante precisan apoio institucional, e o concelleiro de Urbanismo nin sequera lles concedeu unha xuntanza. No próximo Pleno, no mes de setembro, preguntarémoslle ao goberno local polo seu compromiso. “O problema do dereito á vivenda é complexo, e debe combaterse desde moitas frontes, sendo unha delas a do modelo de cooperativa. Agardamos que o goberno local afronte o asunto coa seriedade que merece”, sinalou Iago Martínez.

O modelo que propón Outra Forma de Vivenda, é moi similar a outras iniciativas que se están a desenvolver xa no Estado, como La Borda, cooperativa de vivendas en cesión de uso en Barcelona, que foi posible grazas á cesión dun espazo por parte do Concello. En Madrid, funciona a cooperativa Entre Patios, que xa puxo en marcha dous proxectos en barrios diferentes, desde unha optica social e ambiental.

Non son os únicos casos. Na vila de Torremocha de Jarama funciona Trabensol, unha comunidade de persoas maiores que substitúe o concepto de residencia polo de fogar comunitario, onde todo o mundo ten autonomía e poder de decisión. En Europa, é moi salientable a iniciativa danesa Andel, que funciona desde hai máis dun século e integra 125.000 vivendas en todo o páis. Se hai vontade, é posible.

Comentarios
A Marea Atlántica preguntará no Pleno polo apoio do gobeno municipal aos modelos cooperativos de vivenda