Proxecto Artabria 2030

Miguel Lorenzo aposta polo Proxecto Artabria 2030 para liderar o progreso da maior área económica de Galicia

O candidato do PP á Alcaldía, Miguel Lorenzo, reuniuse coa Xunta Rectora do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na que se comprometeu a traballar para que A Coruña sexa "unha cidade con liderado", comezando por unha nova forma de colaboración entre os concellos que se encadran na maior área económica de Galicia.
Miguel Lorenzo aposta polo Proxecto Artabria 2030 para liderar o progreso da maior área económica de Galicia
MIGUEL LORENZO colegio ingenieros caminos 25-04-23
MIGUEL LORENZO colegio ingenieros caminos 25-04-23

25 de abril de 2023. Lorenzo sinala que este liderado ten que contemplar o PROXECTO ARTABRIA 2030, que comprende 43 concellos no triángulo formado por Ferrol – A Coruña – Carballo e 500.000 habitantes, con dous portos exteriores que necesitan estar conectados por tren e que teñen infraestruturas pendentes dende hai 8 anos que hai que facer realidade o antes posible como remodelación de Alfonso Molina, Vial 18, Cuarta Ronda, ampliación do ponte do Pasaxe, Estación Intermodal, conexión ferroviaria moderna entre A Coruña e Ferrol ou tren de cercanías.

Cos gobernantes actuais levamos 8 anos de espera e veñen a dicir que polo menos temos que esperar outros 8 anos para poder utilizar algunha destas infraestruturas. "Co PP nos gobernos de A Coruña, Ferrol, Xunta e Estado, traballaremos sen descanso para saldar a débeda histórica das infraestruturas pendentes coa maior área económica de Galicia", destacou.

O desenvolvemento das infraestruturas xera un importante progreso económico no ámbito local, unha mellora tanto na produtividade, como nos tempos de desprazamento, na eficiencia dos sistemas de transporte de mercadorías e na mobilidade das persoas.

"Na nosa cidade tamén é vital fortalecer todas as pezas do puzzle que garante o progreso económico e o emprego: o noso comercio local, a hostalería, os nosos mercados, o puxante sector das novas tecnoloxías, o noso sector pesqueiro e a nosa querida Lonxa, o noso porto, o noso aeroporto de Alvedro, o turismo, a cultura ou os deportes", sinala o candidato Popular.

Miguel Lorenzo aposta polo Proxecto Artabria 2030 para liderar o progreso da maior área económica de Galicia