Peiraos da Coruña

Podemos A Coruña amósase en contra da negociación unilateral do futuro dos peiraos e pide trasparencia á Xunta de Galicia e á Autoridade Portuaria

Isabel Faraldo defende un proceso de deseño dos peiraos baseado nun urbanismo colectivo e de protección do bordo do litoral e esixe lealdade coa cidadanía ao Goberno Local.

Podemos A Coruña amósase en contra da negociación unilateral do futuro dos peiraos e pide trasparencia á Xunta de Galicia e á Autoridade Portuaria
isa-f
Isabel Faraldo

A Coruña, 10 de febreiro do 2021.- A concelleira de Podemos A Coruña, Isabel Faraldo, ante a lexítima e necesaria disputa que se xerou en torno á necesidade do porto exterior de Punta Langosteira, explica: “Logo de que, durante o mandato do ex alcalde Paco Vázquez, se invertira unha gran cantidade de diñeiro público en Punta Langosteira non podemos permitir agora que se converta nunha chaira morta e, por tanto, reclamamos que se realicen as conexións ferroviarias precisas para activar a zona”.

O partido non comparte o anuncio unilateral do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, e o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Martín Fernández Prado, realizado ao respecto nos últimos días porque entenden que a negociación ten que ser colectiva. En cada unha das decisións deberían de estar implicadas todas as administratcións competentes: Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Concello de A Coruña e Fomento, é unha cuestión de trasparencia e de lealdade coa cidadanía.

Podemos A Coruña amósase absolutamente en contra de calquera plantexamento que contemple a privatización dos peiraos da cidade e defenden un proceso baseado no urbanismo colectivo e na protección do bordo do litoral. Un terreo que históricamente foi gañado ao mar e que lexítimamente pertence á cidadanía da Coruña non poden ser privatizado. O actual convenio coa UDC limita esta iniciativa, polo que esixen transparencia e que o proceso de deseño non se transforme en algo vertical senón aberto e participativo; máis aló dun fromulario nunha páxina web como recen anunciou o Goberno Municipal.

En canto á condonación da débeda, revindica: “Neste tema non imos poñernos de perfil nin mirar cara outra banda. Creemos que é necesario que o Goberno Central asuma a condonación porque non podemos deixar ao porto da Coruña endeudado ata o punto de non poder plantexar medidas para o futuro por falta de recursos económicos”.

Podemos A Coruña amósase en contra da negociación unilateral do futuro dos peiraos e pide trasparencia á Xunta de Galicia e á Autoridade Portuaria