Mocidade Independentista | nota de prensa

Recollida de alimentos da mocidade independentista na Coruña

O pasado 2 de Abril decorreu no Centro Social Gomes Gaioso na Coruña un reparto de alimentos e produtos de hixiene persoal, destinados a 153 familias de clase traballadora en situación de vulnerabilidade froito da recollida no Mercado de Santo Agostiño da pasada semana onde a MPI os días 24, 25 e 26 de Marzo levou a cabo a sua campaña de sensibilización e de almacenamento de produtos non perecedoiros acadando a cifra de 2000 kg recolectados.
Recollida de alimentos da mocidade independentista na Coruña
REcollida de alimentos
Recollida de alimentos

A MPI declara que son cientes da época na que nos atopamos e do que lle está a tocar sofrer ao conxunto da nosa clase, vemos como crise tras crise desprotéxese ás mesmas, con servizos que deberían ser garantidos polo propio estado como unha vivenda e unha alimentación digna, e goberno tras goberno, vemos como nos encontramos co mesmo resultado, máis familias en risco de exclusión social mentres as ricas son cada vez máis ricas a costa do nosa explotación e pobreza.

A MPI contou ca colaboración de traballadoras sociais, activistas do GAM e outras persoas que a nivel individual quixeron colaborar ca
organización independentista. Esta acción ten como obxectivo sensibilizar ao conxunto da poboación da dificil situacion que estamos a vivir numerosas familias, ademáis de tratar de implicar politicamente , creando redes de solidariedade de clase ás persoas que foron ao reparto.

É o momento de seguir demostrando que desde a unidade e a organización podemos facer fronte os abusos e ás desigualdades desde unha óptica distinta, denunciando a raíz do problema, un sistema económico que nos condena a precariedade e a exclusión social.

Só o pobo salva o pobo.

Independentismo en movemento!

Recollida de alimentos da mocidade independentista na Coruña