Marea Atlántica en Novo Mesoiro

Xan Xove comprométese a facer de Novo Mesoiro un referente da nova mobilidade na Coruña

Xan Xove, candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, comprométese a mellorar as conexións de Novo Mesoiro co resto da cidade e a potenciar a mobilidade alternativa ao coche, coa instalación dunha nova estación de BiciCoruña e o reforzo do servizo de bus urbano, entre outras medidas.
Xan Xove comprométese a facer de Novo Mesoiro un referente da nova mobilidade na Coruña
Novo Mesoiro
Novo Mesoiro

O cabeza de lista da Marea Atlántica percorreu onte o barrio de Novo Mesoiro en compañía da asociación veciñal e varios membros da súa candidatura e anunciou que, se gaña as eleccións municipais, impulsará a nova empresa municipal de transporte, que permitirá dar ao barrio o transporte público que lle corresponde pola súa poboación. Para iso, Xove apostou por integrar as liñas interurbanas e urbanas nunha única rede metropolitana ao servizo das necesidades da mobilidade diaria, e non das concesionarias.

Ademais, Xan Xove tamén prometeu potenciar a mobilidade alternativa ao coche, coa instalación dunha nova estación de BiciCoruña en Novo Mesoiro e o reforzo do servizo de bus urbano. Segundo explicou, Novo Mesoiro é un dos barrios que non ten acceso ao préstamo público de bicicletas, polo que é necesaria unha estación en lugar. Tamén apostou por desbloquear os equipamentos pendentes no barrio, coma a biblioteca municipal, e por negociar unha oficina de Correos a xornada completa.

Xove tamén se comprometeu a desbloquear a dotación dunha biblioteca municipal para o barrio, que xa debería estar en marcha, pois foi parte dos acordos orzamentarios entre a Marea Atlántica e o PSOE tanto en 2020 como en 2022. O candidato destacou a necesidade de ampliar o actual punto de lectura cara un servizo bibliotecario pleno. Tamén se comprometeu a cederlle a Correos un local municipal no barrio, coa condición de instalar en Novo Mesoiro unha oficina a tempo completo.

Desde a asociación veciñal de Novo Mesoiro tamén se reclamou un mellor mantemento e coidado do espazo público, con medidas coma iluminar zonas deportivas ou repoñer elementos deteriorados.

Xan Xove comprométese a facer de Novo Mesoiro un referente da nova mobilidade na Coruña