A cidade ten 129 bancos de madeira máis
![Bancos. Espazo Urbán. As Conchiñas](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/entrenosagra/images/2021/01/16/2021011619230613875.jpg)
Colocar os bancos tivo un custe de 36.336 euros; a 281 euros por banco. Segundo informa o Concello da Coruña, hai 14 novos bancos na Rolda de Outeiro; 8 nas Roseiras; 8 tamén en Novo Mesoiro; sete en Matogrande; dez na avenida de Calvo Sotelo... e así. A actuación fai parte do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, é dicir, financiouse cunha partida que chegou da entidade provincial.
"O aumento das zonas de descanso propiciará a convivencia entre as e os veciños", di o goberno municipal nun comunicado de prensa. E sinala que a implantación deste novo mobiliario "acompañará ao proxecto de cidade amable que se pretende coa posta a punto dunha rolda peonil que conectará a Agra con San Diego".
Benvidos os bancos a Agra e Os Mallos. Agora fai falta máis espazo público para colocar máis.