Pola conservación do patrimonio audiovisual galego

Concentración NO desmantelamento CGAI

Somos AISGE, Agapi, Asociacion Actores Actrices Galicia, CREA asociación de directores e realizadores de Galicia, AGAG - Asociación Galega de Guionistas / Screenwriters Guild of Galicia, Observatorio Audiovisual de Galicia e Academia Galega do Audiovisual rexeitan, unha vez máis, o desmantelamento do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e o despedimento do seu persoal fixo que, na práctica, fará imposible cumprir cos traballos propios da filmoteca de Galicia, tanto nos labores de arquivo como nos de conservación e difusión da historia audiovisual de Galicia.

Estes colectivos convocan para o vindeiro mércores unha concentración diante do Centro Galego das Artes da Imaxe, en A Coruña, a partir das 20.00.

Os mesmos colectivos publicaron hai un mes un comunicado sobre a situación de desmantelamento do CGAI.

Concentración NO desmantelamento CGAI
CGAI_logo
CGAI_logo

Desde hai 25 anos, en Galicia contamos cunha institución que naceu, entre outras cousas, para preservar e difundir o patrimonio audiovisual galego. Outros dos seus cometidos orixinais foron asumidos posteriormente por outros organismos. Pero da conservación do noso patrimonio audiovisual, que é un traballo dunha grande esixencia técnica, se non se ocupa o CGAI, quen se vai ocupar?

A posibilidade, formulada ultimamente, de que o CGAI vexa aínda máis reducido o seu persoal conforma unha seria advertencia. Corremos o risco de desatender a tarefa de restaurar, conservar, catalogar e manter como ben público a memoria visual -sempre fráxil- deste país. E iso é grave. Sen memoria, apenas somos nada.
De hai 25 anos para aquí, a produción audiovisual en Galicia multiplicouse notablemente. A irrupción da tecnoloxía dixital, máis que facilitar o traballo, significou un reto formidable para os arquivos audiovisuais. É dicir, o terreo sobre o que un organismo tan modesto coma o CGAI debe traballar expandiuse a eito nos últimos anos.
E, no entanto, son poucos e minguantes os recursos que se destinan a que cumpra co seu cometido. É coma se alguén con poder decisorio considerase menor ou superfluo o traballo dunha filmoteca. Un erro fatal, froito ou da ignorancia ou da falta de autoestima. Nada tan destrutivo -e enganosamente silencioso- como a indiferenza, o desleixo, o abandono.
Reverter esa tendencia, manter e facer medrar os recursos do CGAI deberan ser unha prioridade cultural deste país.
Esiximos que unha entidade con tanta importancia e peso na nosa cultura sexa xestionada adecuadamente, dotándoa do persoal e medios necesarios para o seu óptimo funcionamento.

 

Comentarios
Concentración NO desmantelamento CGAI