Habitación propia

LES CORUÑA, en colaboración con ACÉFALA, presenta a primeira edición de HABITACIÓN PROPIA

Habitación Propia é unha iniciativa para impulsar a creación e o emprendemento das mulleres

LES CORUÑA, en colaboración con ACÉFALA, presenta a primeira edición de HABITACIÓN PROPIA
Habitación propia
Habitación propia en Acéfala

Les Coruña @lescoruna, en colaboración con Acéfala @acefala.colectivo, crea “Habitación Propia” un espazo diverso onde as mulleres presentarán cada primeiro domingo dos meses pares os seus traballos profesionais e as súas creacións artísticas.

Na primeira edición Bea Wherever, Anything Skateboards, Swann VintageMarta Gabba e Miss Necoree ofrecen en Habitación Propia un espazo onde se aúnan a fotografía, a moda vintage underground, a arte sobre táboas de skate e a música riot grrrl e o punk rock.

Bea Wherever @beawhereverphotography, impartirá unha clase interactiva de fotografía onde a través de xogos aprenderemos a facer fotografías de perfil para as diferentes redes sociais. Anything Skateboards @ anythingskateboards, exporá as suas creacións artísticas sobre táboas de skate. Swann Vintage @swann_vintage, vendendo unha selección de roupa de segunda man e vintage inspirada na subcultura. Marta Gabba e Miss Necoree do colectivo @chicassvinylclub, serán as encargadas de amenizar a velada en formato dixital con bandas riot grrrl e punk rock tanto nacional como internacional.

A primeira desta citas será este vindeiro domingo, día 3 de abril, ás 13.00 horas. Convidámoste a vivir con nós unha auténtica sesión vermú no local de Acéfala, sito na avenida de Hércules, 73, da Coruña .

Todas as que queirades facer a reserva para presentar os vosos traballos profesionais e creacións artísticas na vindeira edición de Habitación Propia enviádenos a vosa información ao correo [email protected] ou ó instagram @beawhereverphotography

DÍA e HORA: Domingo, 3 de abril ás 13:00 horas.

LUGAR: Local de Acéfala, Avda. de Hércules, núm. 73. A Coruña.

LES CORUÑA, en colaboración con ACÉFALA, presenta a primeira edición de HABITACIÓN PROPIA