Humor

O Encontro Mundial de Humorismo amplía funcións de ‘La ruina’ e ‘Celebreixon’: entradas á venda mañá

O EMHU, que xa supera as 16.000 entradas vendidas, presenta novas sesións para os espectáculos de Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes, así como para o debut en solitario de Roberto Vilar. As entradas para estas funcións estarán dispoñibles a partir das 12.00 horas de mañá a través de www.emhu.es e www.ataquilla.com.
O Encontro Mundial de Humorismo amplía funcións de ‘La ruina’ e ‘Celebreixon’: entradas á venda mañá
20230506 EMHU La ruina © Leo López 40
20230506 EMHU La ruina © Leo López 40

O Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que terá lugar na Coruña do 25 de abril ao 5 de maio, anunciou a posta á venda das entradas para dúas novas funcións que se suman á programación xa exitosa do evento. A demanda do público levou á organización a ampliar sesións para ‘La ruina’, a cargo de Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes, e para ‘Celebreixon’, o primeiro espectáculo en solitario de Roberto Vilar.

O EMHU, que supera xa as 16.000 entradas vendidas, decidiu ofrecer un segundo pase para ‘La ruina’, que se realizará ás 18.00 horas do sábado 4 de maio, sumándose ao inicialmente programado ás 12.30 horas do mesmo día. Este espectáculo destaca pola súa interactividade co público, invitando a asistentes a compartir as súas "ruínas" máis vergoñentas.

Outra proposta que terá unha nova función é ‘Celebreixon’, o primeiro show en solitario de Roberto Vilar, que poderá verse tamén ás 17.30 horas da tarde do domingo 28 de abril. O EMHU ofrece a oportunidade de adquirir as entradas para estas sesións a partir das 12.00 horas de mañá, xoves 1 de febreiro, a través da páxina web oficial www.emhu.es e da plataforma www.ataquilla.com.

O Encontro Mundial de Humorismo, co apoio de Estrella Galicia, Concello da Coruña e Xunta de Galicia, continúa a ser un dos eventos humorísticos máis relevantes de España, atraendo a grandes figuras da comedia galega e estatal. A programación deste ano contará con destacados humoristas como Álex Clavero, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Sílvia Abril, e moitos máis, en dez espectáculos distribuídos por cinco recintos culturais da cidade. O EMHU xa esgotou as entradas para varios dos seus espectáculos, reflectindo o interese e a expectación xerada entre o público.

O Encontro Mundial de Humorismo amplía funcións de ‘La ruina’ e ‘Celebreixon’: entradas á venda mañá