Presentación na Coruña da obra xornalística de Hildegart Rodríguez

A Fundación Luís Tilve, en colaboración coa libraría Berbiriana, presenta en A Coruña a súa nova publicación “Hildegart na prensa socialista. Artigos”, que recolle a obra xornalística da célebre activista feminista en medios como “El Socialista” ou “Renovación”
Presentación na Coruña da obra xornalística de Hildegart Rodríguez
Present_Hildegart_Coruña
Present_Hildegart_Coruña

Santiago de Compostela, 07 de maio de 2023.- O vindeiro xoves día 8 de xuño, ás 19:00 horas, na libraría Berbiriana (Rúa Santiago, 7), en A Coruña, a Fundación Luís Tilve fará a presentación da súa nova publicación: “Hildegart na prensa socialista. Artigos”, na que se aborda a imaxe máis descoñecida da activista feminista das primeiras décadas do século XX, Hildegart Rodríguez Carballeira, escritora e xornalista que ós oito anos xa falaba seis idiomas e ós 17 rematou os estudos de Dereito, sendo membro da Academia de Jurisprudencia y Legislación, e que tivo un papel destacado na defensa do feminismo dende un punto de vista vangardista á hora de avogar por conceptos como a educación sexual, o control de natalidade ou o divorcio, dos que era gran coñecedora a nivel internacional, publicando ensaios de relevancia como “La rebeldía sexual de la juventud”, “La educación sexual” ou “El control de la natalidad”.

Moito se ten dito e escrito de Hildegart, da súa figura como personaxe tráxico, en novelas, obras de teatro, estudos, películas... pero poucas veces parámonos a escoitar a súa propia voz, os seus escritos e o seu pensamento. Esa é a intención desta obra, amosar á Hildegart descoñecida, a real, a propagadora e activista feminista e da revolución sexual daqueles complexos pero esperanzadores anos que enmarcaron a II República, a través das súas propias verbas, recuperando con elo a memoria dunha xeración única e excepcional de mulleres libres e revolucionarias que viron truncados os seus sonos pola ditadura, a incomprensión e a intolerancia.

O acto contará coas intervencións de: Ana Romero Masiá, catedrática de historia e doutora pola Universidade de A Coruña, e autora de obras como “Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco”, “A Coruña liberal. 1808-1874”, “Galicia nos textos clásicos”, “Xaime Quintanilla Martínez”, “Crónica dos inicios da Agrupación Socialista da Coruña (1891-1904)”, entre outras moitas obras e material didáctico, ademais de membro da Real Academia Galega, que fará unha introdución á época que recolle o libro e o papel da muller que se ve claramente reflectido nel; e do autor e recompilador da obra, xunto a Eliseo FernándezFrancisco Xavier Redondo Abal, historiador e bibliotecario da Universidade de Santiago, que é autor tamén de diversos libros sobre a historia contemporánea de Galicia, como: Alfonso Ortega Prada. Memorias de un socialista perseguido por el fascismo (Fundación Luís Tilve, 2007), Memorias de Marcelino Fernández Prada. Un alcalde socialista e revolucionario (A Nosa Terra, 2007), Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas (Edicións do Castro, 2006), Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: la depuración franquista del cuerpo bibliotecario republicano. El caso gallego (Laiovento, 2014), Arelas de liberdade na Galiza. Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (1964-1976) (Laiovento, 2017). Ambos serán presentados polo Director e representante editorial da Fundación Luís Tilve, Guillerme Pérez Agulla.

Presentación na Coruña da obra xornalística de Hildegart Rodríguez