Axenda cultural

Presentación "A vida e a memoria de Labañou en vídeo"

Despois de facer o curso pasado un obradoiro de gravación e edición de vídeo con historias do barrio, chegou o momento de presentar as historias que agochan este vídeos. Este obradoiro fora impartido por con Fur Alle Falle.

Presentación "A vida e a memoria de Labañou en vídeo"
cartaz_presentacion
Cartaz da presentación

Con estas historias coñeceremos relatos sobre o porqué o cruceiro de San Roque de Fóra está en Labañou, onde vai o hórreo máis antigo da cidade, como  eran as festas do barrio, a represión franquista que houbo no barrio, o fielato que había entre o barrio e a Coruña, a capela e o cemiterio desaparecido. Como ven as nenas de agora o noso barrio, e máis historias que fomos descubrindo ao longo deste obradoiro.

O venres 3 ás 20:00 no local da asociación Francisco Rodríguez Otero, na Ronda de Outeiro 396, Semisótano. 15011 A Coruña iremos poñendo as pequenas pezas audovisuais de entre 2 e 10 minutos que se foron facendo no obradoiro, así como tamén falaremos cos protagonistas dos vídeos. Ao final do acto teremos música en directo.

Presentación "A vida e a memoria de Labañou en vídeo"