Música

Este venres preséntase en A Coruña a Asociación Cultural Musical Galicia Molona

Inicia a súa actividade con dous concertos e unha sesión de música electrónica.

A presentación será na Sala Filomatic e as entradas están á venda na web da asociación: www.galiciamolona.com.

Este venres preséntase en A Coruña a Asociación Cultural Musical Galicia Molona
cartel-presentacion-galiciamolona-28-6
Cartaz presentacion Galicia Molona

A Coruña. 25 de xuño do 2019.

O vindeiro venres, 28 de xuño, preséntase, na Sala Filomatic (A Coruña), a Asociación Cultural Musical Galicia Molona; con dous concertos e unha sesión de música electrónica. A festa comezará ás 22:00 coa actuación de dúas bandas: Cloaca e Terror Erótico Adolescente.

Cloaca poñerá o punto necesario de garaxe e Terror Erótico Adolescente animará ó persoal co seu punk-electrónico de baile. Tras os concertos, Le Petit Dj sacará todo o seu repertorio de electropop e house.

Un proxecto que xorde, en certa maneira, a través de www.lagalletamolona.com. Alejandro, o promotor desta web, levaba tempo cavilando na idea de organizar concertos, promocionar a música alternativa galega e/ou probar sorte cun festival. A partir de aí, púxose na procura doutras persoas que compartisen ese mesmo interese. Desta forma, tras varios meses, nace Galicia Molona. Un colectivo cultural no que, actualmente, participan seis persoas (Noelia, Mauro, Paula, David, Miriam e Alejandro) pero segue aberto a novos socios e socias.

Un grupo de mozas e mozos galegos/as que pretenden apoiar e dinamizar a esfera musical independente. Así como establecer sinerxias con outras asociacións galegas coas que compartan valores e ideas.

Por último, subliñar que Galicia Molona é unha asociación cultural sen ánimo de lucro. A venda das entradas é para financiar, en parte, as actuacións; e pódense adquirir a través do sitio web https://galiciamolona.com/entradas/ (como nota curiosa, ó mercar a entrada consegues unha pizza mediana a 5€ - dunha famosa marca -).

 

Este venres preséntase en A Coruña a Asociación Cultural Musical Galicia Molona