Evento “85C” en Vigo

Vigo e as mulleres artistas

O sábado 26 de agosto de 11:30h a 5:00h máis de 60 mulleres artistas axuntarán en varios espazos de Vigo no evento “85C” coa intención de recadar fondos para Asociación Faraxa e visibilizar o seu traballo no eido da cultura.

Vigo e as mulleres artistas
Cartel horarios
Cartaz do evento

Este encontro interdisciplinar organizado por Asociación 85C une artes escénicas, danza, contacontos, música en directo, literatura oral e escrita, audiovisual e ilustración para transcender na conciencia social. As achegas recadadas co fanzine de 21 poetas e ilustradoras irán destinadas a Faraxa Vigo (asociación sen ánimo de lucro contra a trata e a explotación sexual na prostitución).

PROGRAMACIÓN DETALLADA

  • Mercado do Progreso 41:
    • 11:30h CONTACONTOS infantil con Charo Pita
    • 12:30h CONTACONTOS sesión vermú con Eli Ríos para toda a familia
  • Detrás do MARCO:
    • 17:00h Dúas gamberras e un micro: a revolución das mulleres floreiro “Nuria Vil e Vanessa Glemsel: a volta de torniquete aos recitais poéticos”.
    • 18:00h PERFORMANCE E DANZA
      • Clara Ferrao Diz (Declaro Danza) - “Pies de plomo”
      • Acacia Ojea - “Anomalías”
      • Raquel Ferradás - “El si está en todo”
      • Xandra Táboas - “Íntimo común múltiplo”
    • 20:00h CURTAMETRAXES
      • Iria Silvosa + Aldara Pregue - “LAR”
      • Sara Iglesias – Videoclip de Bosnia y Herzegovina “Avecrem”
      • Anxos Efe - “Laiaseva”
      • Lucía Estévez - “Cristalina”
    • 20:45h Cintaadhesiva
      • Proxecto literario-musical con Jesús Andrés Tejada e Silvia Penas
  • Sala Master (Masterclub Vigo):
    • 23:00h: Jam Aberta
      • Banda anfitriona “DI-BASS ENSAMBLE”: forza e musicalidade feminina unida só para este evento que sacará o mellor das bailarinas e do público. Luces, suor e moita música negra.
      • Corros de danza urbana: competición danza urbana con artistas convidadas
      • Ademais calquera persoa pode participar no evento bailando ou tocando algún instrumento
  • Monk Blues Cóctel Bar
    • 3:00h DJ sorpresa convidada

Desde a organización chaman a todo o mundo a participar desta grande familia artística.

Redes sociais e máis información: 
[email protected]
https://www.facebook.com/85cproxecto/
https://85cblog.wordpress.com/

 

Vigo e as mulleres artistas