Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Exposición sobre Cambio climático: "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

Dende a Asociación de veciños e veciñas de Oza Gaiteira Os Castros faremos a  presentación da Exposición sobre Cambio climático: "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" do CEIDA que se enmarca dentro do Proxecto Barrios 2030 e que estamos a desenvolver a través da Convocatoria de Subvencións para a dinamización de asociacións veciñais 2022 do Concello da Coruña.
Exposición sobre Cambio climático: "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"
IMG-20220906-WA0001
IMG-20220906-WA0001

A Coruña, 7 de setembro de 2022.- A presentación terá lugar o luns 12 de setembro ás 20h no Forum Metropolitano, ese mesmo día realizarase unha axenda completa de actividades co obxectivo de dar a coñecer o proxecto e xerar espazos de participación e reflexión, espazos para cocrear novos imaxinarios sobre modelos de vida máis respectuosos a nivel social, medioambiental e económico á vez que melloramos o coñecemento da poboación sobre os ODS e a Axenda 2030.

Animamos a veciñanza visitar dita exposición .

Descrición

Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático.

A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións... son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.

Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Esta exposición está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte. CLARITY, deseñada en formato CD, é unha ferramenta que facilita a centros educativos, asociacións culturais, concellos e calquera outra organización interesada, a montaxe de súa propia exposición sobre cambio climático e a organización de actividades relacionadas.

Exposición sobre Cambio climático: "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"