Fiandón

Mitoloxía celta e antropoloxía galega no Fiandón con "Kéltiga"

O vindeiro xoves día 15 O Fiandón  acolle a presentación do proxecto "Kéltiga" que, mediante un libro e unha baralla de cartas, aúna a antropoloxía galega, a mitoloxía celta, o tarot e os xogos de cartas.

Mitoloxía celta e antropoloxía galega no Fiandón con "Kéltiga"
Kéltiga
Kéltiga

O universo simbólico celta é o protagonista das 108 cartas mitológicas e o libro explicativo que conforman "Kéltiga". A baralla está organizada por familias e sagas e constitúen unha ferramenta distinta para introducirse no coñecemento da antropoloxía Cultural de Galicia. 

Katova, a súa autora, presentará no Fiandón este proxecto. Explicará brevemente a obra e representará tres das historias de "Kéltiga" mediante un espectáculo de Kamishibai. Este, é un método moi popular en Xapón para contar historias, sobre todo para os máis pequenos. A narración faise con figuras de papel. De feito, Kamishibai significa teatro de papel.

A cita con Katova e a súa "Kéltiga" terémola o xoves día 15 ás 19 horas no Fiandón: R./ San Roque, 11.

Mitoloxía celta e antropoloxía galega no Fiandón con "Kéltiga"