Colectivos en Loita | Nota de prensa

Nace Colectivos en Loita

Nace a iniciativa #ColectivosEnLoita, unha iniciativa para loitar contra os recortes en defensa dos servizos públicos e os postos de traballo.
Nace Colectivos en Loita
Colectivos en loita
Colectivos en loita

Levamos xa demasiado tempo vendo como pouquiño a pouco, Galiza está a desaparecer, a se converter nun puñado de cinzas que un simple sopro acabará por levar se non facemos nada para impedilo.

Estamos nas mans dun goberno desgobernado polo pobo, en mans do capital e que non se preocupa pola clase traballadora que os sostén. Un goberno que pouco ou máis ben nada se preocupa polas galegas e galegos.

Un goberno que cada día está a privatizar máis e máis sectores básicos e tan necesarios para a poboación como a Sanidade ou a Educación, para beneficios duns poucos e case sempre dos mesmos.

Levamos meses vendo como miles de traballadores viven co medo de non saber que será deles mañán, cando a súa xornada ou contrato remate.

Tristemente, tamén os nosos maiores, esas persoas expertas e cheas de vivencias e que tanto traballaron por e para todos nós, hoxe sonolvidados polo Sistema.

Outra gran falacia é a desaparición do rural: o rural non desaparece, como nos queren facer crer, senón que o están a matar con políticas estériles.

Ante a impotencia de vivir con todo isto, o pasado 19 de xullo celebramos unha Primeira Xuntanza de COLECTIVOS EN LOITA con representantes de ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA, COBAS, CAS, REBELIÓN ALUMINIO, USDG-CUT e ZAS SEN RECORTES EN PEDIATRÍA

Tras expoñer a situación de cada colectivo, coincidimos en que aínda que temos problemáticas diferentes, temos un punto en común: todos somos vítimas dos recortes gubernamentais da mal chamada Crise Económica.

Se ata agora fomos capaces de facer algo de ruído cada colectivo, por separado, que non conseguiremos se nos unimos nesta loita en contra dos recortes sociais!!!

Non buscamos un eslogan común

Queremos unha solución para todas e todos

Nace Colectivos en Loita