Cicloturismo
Os bikers que darán a volta a Galiza estarán na Coruña o 23 e o 24
Axenda social
![GAC Bike 1-min](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/entrenosagra/images/2017/07/07/2017070709185477800.jpg)
A primeira visita a España de Cyclists for Cultural Exchange, unha entidade sen ánimo de lucro norteamericana con base en Santa Cruz (California) que desde 1988 organiza actividades en bicicleta por todo o mundo, organiza a súa primeira ruta na Península: a Galician Atlantic Coast Bike Ride.
O obxectivo de Cyclists for Cultural Exchangel é fomentar o entendemento entre culturas a través dun interese común: o ciclismo.
As etapas
Domingo, 16 de xullo: Santa Tecla-Vigo
Luns, 17. Cangas-Pontevedra
Martes, 18: Poio-Cambados
Mércores, 19: Cambados-A Pobra
Xoves, 20: Ribeira-Outes
Venres, 21: Outes-Fisterra
Sábado, 22: Camariñas-Neaño
Domingo, 23: Neaño-A Coruña
Luns, 24: descanso
Martes, 25: Sobrado dos Monxes-Compostela
Información
http://www.strawberryfields.org/