Secretaria Xeral para o Deporte

Marta Míguez garante en Acea de Ama as melloras no campo de sóftbol

SÓFTBOL

Marta Míguez garante en Acea de Ama as melloras no campo de sóftbol

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou a finais de xaneiro os diferentes espazos deportivos e recreativos dos Parques Exterior e Acuático de Acea de Ama. Marta Míguez, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico, anunciou que “neste exercicio orzamentario de 2017, a Xunta de Galicia levará a cabo as reformas necesarias para acondicionar o campo de béisbol existente e acadar a súa homologación como campo de sóftbol para a competición en división de honor”. Deste xeito, o mesmo terreo de xogo servirá para disputar xogos de béisbol e sóftbol cumprindo coas bases de competición que esixe a Federación Española. Esta actuación permitirá que o Club Cambre -que acadou o ascenso á división de honor de sóftbol feminino- poida disputar os seus partidos no campo de Acea de Ama evitando desprazamentos. O investimento da Secretaría Xeral para o Deporte neste eido roldará os 50.000 euros. Fonte: Deporte Galego 31/01/2017

Marta Míguez garante en Acea de Ama as melloras no campo de sóftbol