Pepe Mujica

Ana Miranda traslada a Pepe Mujica o agradecemento polo seu apoio ao BNG

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo un encontro co expresidente de Uruguai, Pepe Mujica, no marco das xornadas de traballo desenvolvidas pola política nacionalista en Bos Aires e Montevideo. No encontro, Miranda trasladou ao expresidente o agradecemento da Portavoz Nacional do BNG polo seu apoio continuo ao Bloque, así como abordaron cuestións da política internacional actual.
Ana Miranda traslada a Pepe Mujica o agradecemento polo seu apoio ao BNG
Ana Miranda con Pepe Mujica
Ana Miranda con Pepe Mujica

Montevideo, 25 de marzo de 2024.- Durante a reunión, na que tamén participou a exvicepresidenta de Uruguai, Lucía Topolansky, discutiron sobre o terrible xenocidio que sofre o pobo palestino e a necesidade dun alto ao fogo inmediato. Ambos coincidiron en destacar a inadmisible situación de bloqueo de axuda humanitaria por parte de Israel no paso fronteirizo de Rafah.

Ademais, Ana Miranda entregoulle a Pepe Mujica a escultura que lle concedeu a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio como recoñecemento polo seu traballo en defensa dos dereitos humanos. "Para min é unha honra entregarlle este recoñecemento a unha persoa como Mujica, sempre defensor da paz e os dereitos humanos", manifestou a eurodeputada galega.

Por parte de Mujica, recibiu o recoñecemento con profundo agradecemento e manifestou sentirse conmovido, tomando a homenaxe como unha representación dos compañeiros anónimos que loitaron ao seu lado e xa non están presentes.

Este encontro reforza os lazos entre o BNG e personalidades de relevancia internacional como Pepe Mujica, destacando o compromiso do partido nacionalista galego coa defensa dos dereitos humanos e a loita pola paz en todo o mundo.

Ana Miranda traslada a Pepe Mujica o agradecemento polo seu apoio ao BNG