S.O.S. Racismo Galicia

Comunicado: Ante a absolución de dous axentes locais por presunto delito de intimidación con arma

O pasado 4 de agosto de 2011 ás 8 da tarde, A.G, despois de considerar que os seus dereitos foran vulnerados ao ser apuntado cunha pistola no peito e na cabeza por dous axentes locais, mentres estaba sentado cos seus compañeiros á altura dos taxis do Obelisco en A Coruña, procedeu a interpoñer unha denuncia contra os dous axentes que o agrediran na comisaría da policía nacional.

Cinco anos despois, diversos recursos e a falla de apoio por parte da Fiscalía, o pasado 7 de xullo tivo lugar o xuízo contra os dous policías imputados pola agresión.

Comunicado: Ante a absolución de dous axentes locais por presunto delito de intimidación con arma
El racismo no puede tener cabida en las actuaciones de la policía
El racismo no puede tener cabida en las actuaciones de la policía

Fuente: SOS Racismo Galicia | 21/09/2016

A día de hoxe, tendo nas nosas mans a sentenza, na que se recolle a absolución dos policías imputados, non podemos mais que manifestar a nosa frustración en canto a tramitación do procedemento.

En primeiro lugar, debemos facer fincapé na falta de interese por parte da Fiscalía, dende o primeiro momento da instrución, en levar a cabo unha investigación dos feitos, posto que, a pesares de existir indicios razoables da comisión dun delito por parte dos axentes, xa que entre outras probas se dispoñía da declaración dunha testemuña totalmente axena (tal e como o recolleu a xuiza de instrución no seu auto de imputación), a Fiscalía optou por solicitar o arquivo da causa, sen chegar probablemente a facer un estudio da mesma, e chegando incluso no acto do xuízo a renunciar a proba testifical do denunciante despois de habela solicitado no seu escrito de defensa. Algo que para a acusación particular resulta incomprensible, xa que para a fiscalía non abonda que o denunciante e persoa agraviada polos feitos tivera que agardar 5 anos para poder atoparse novamente diante dos causantes de tales ameazas, senon que finalmente decidiu que non quería oír o seu relato; descoñecemos absolutamente o motivo.

Outra cousa interesante a salientar, é a negación dos axentes acusados a respostar ás preguntas da letrada da acusación. Efectivamente este é un dereito que se lle recoñece a todo investigado nunha causa pero sendo que estamos a falar de axentes da autoridade non entendemos porqué tal interese en evitar as preguntas da acusación.
Do mesmo xeito debemos sinalar que na sentencia se fundamenta a absolución dos axentes denunciados alegando que se levou a cabo un cambio na calificación xurídica dos feitos e tamén nos feitos mesmos. Esta argumentación consideramos que se afasta claramente da realidade posto que en ningún caso se levou a cabo unha variación dos feitos denunciados senon que trala práctica das probas efectuadas chegouse a conclusión de que era necesario realizar una modificación da mesma; modificación esta que ven amparada no artigo 788 de Ley de Axuizamento Criminal, sendo por tanto un dereito recoñecido, ó igual que o dos investigados a non declarar ou non respostar as preguntas da acusación, polo que entendemos que a argumentación esgrimida resulta insuficiente.

Aínda que na sentencia se fala de discrepancias no antes e despois dos feitos, claramente debido ó tempo transcorrido dende os feitos, é preciso sinalar que ambas testemuñas da acusación, confirman a versión do denunciante de ser apuntado con unha pistola por parte dun dos axentes da policía local, e en modo algún tal actuación quedou xustificada, sendo que estamos a falar de axentes da autoridade ós cales, polo cargo que ostentan, se lles esixe unha maior dilixencia.

Dende SOS Racismo Galicia, entidade que estivo a levar o caso durante os últimos tres anos, entendemos que unha vez máis, como ben di a frase, “a xustiza e cega”, mais non porque non vexa, senón porque non quere ver.

Porén disto, quedarnos con esta lectura sería unha visión simplista. Preferimos lembrar que, grazas ao valor deste rapaz en situación de vulnerabilidade extrema, desde o momento da imputación destes dous axentes da policía local da Coruña pola Audiencia provincial fai dous anos e medio ate o pasado mes de agosto, non volvemos a ter coñecemento de ningunha outra intervención irregular na zona onde aconteceron aqueles feitos.

E por iso que dende SOS Racismo Galicia, dende a cal levamos xa tres anos ofrecendo apoio xurídico e psicoemocional a vítimas ou testemuñas de agresións racistas ou xenófoba, seguimos a facer un chamamento a cidadanía de que ante calquera vulneración de dereitos non dubiden en denuncialo. Os dereitos son de todas.

Comunicado: Ante a absolución de dous axentes locais por presunto delito de intimidación con arma