Comunicado de SOS Sanidade Pública A Coruña

As listas de espera de Traumatoloxía no Hospital de A Coruña

As listas de espera de traumatoloxía do Hospital de A Coruña son signficativas e sobrepasan os límites tolerables.

As listas de espera de Traumatoloxía no Hospital de A Coruña
SOS 02
SOS 02

Persoas con patoloxías crónicas como artrose de cadeira ou artrose de xeonllo, que teñen solucións cirúrxicas, ven como pasan os meses sufrindo dor ata precisar o uso de opiáceos e aumentando a incapacidade para andar, coas complicacións médicas que poden presentar.

A denuncia pública de Margarita Santiago Urbano sobre a súa situación en lista de espera de traumatoloxía no Hospital de A Coruña visibiliza con nome e apelido e imaxe este sufrimento.

SOS Sanidade Pública A Coruña presenta e denuncia os datos da lista de espera de traumatoloxía deste hospital, os que aparecen na web do sergas, onde xa se ve que é o hospital do sergas (do seu tamaño, incluíndo Ferrol) coa maior espera media de consulta a xuño de 2017 (57,2 días). A espera media cirúrxica está na web do sergas en 98 días a xuño de 2017 na Coruña, 20 días máis que a media do sergas. Datos só superada polo caos vigués onde sobrepasan os 100 días nos seus dous hospitais. 

Sendo estes datos chamativos aínda o son máis cando coñecemos os datos observados polo médico de familia na consulta de atención primaria. Estes son os reais, os datos que reflicten o sufrimento do paciente.

Cando o paciente vai á consulta do médico de familia por unha dor de cadeira, este lle pide unha radiografía, que tarda aproximadamente un mes, e así pode estar o diagnóstico feito en 1-2 meses aproximadamente. Pídese unha consulta con traumatoloxía, que tarda un mínimo de 6 meses, sexa unha petición normal ou preferente, e se este xa considera que se debe operar, a espera (inclusión en lista de espera nese momento) é de 6 a 12 meses. É seguro que na Coruña este paciente pasará entre un total de 12 a 18 meses, ás veces chega aos 2 anos, con tratamento analxésico, ao final con opiáceos e ás veces tendo que usar muletas e/ou cadeira de rodas, para ver solucionado un problema médico que non é complexo e non precisa gran tecnoloxía ou observación diagnóstica.

No caso da artrose de xeonllo hai que sumar a isto cando menos 3 meses máis de espera cirúrxica, alcanzando a mesma entre ano e medio e 2 anos.

As listas de espera, ademais do sufrimento e impacto socioeconómico que producen na cidadanía, seguen a ter unha xestión escura e pouco transparente. Antes o Sergas publicaba os datos cada 3 meses pero agora só os ofrece cada 6, o 30 de xuño e o 30 de decembro de cada ano. Ademais non ofrece información de lista de espera de procesos, cando menos dos problemas médicos máis prevalentes, nin sabemos canta desta lista de espera é derivada a centros concertados. A transparencia é mínima e os datos que publica non permiten unha avaliación da xestión da mesma.

SOS Sanidade Pública fai públicos estes datos, pide maior transparencia na xestión e esixe do sergas unha solución a este problema, unha solución dentro da sanidade pública, non enviando pacientes aos hospitais concertados. Unha persoa que é diagnosticada de artrose de cadeira ou de xeonllo non debe esperar máis de 3 meses a ver resolto o seu problema. O resto non é tolerable.

As listas de espera de Traumatoloxía no Hospital de A Coruña