Oficina dos Dereitos | nota de prensa

Obradoiro sobre o Dereito á Vivenda

A Marea Atlántica, a través da súa Oficina dos Dereitos, celebrará esta semana un obradoiro polo Dereito á Vivenda
Obradoiro sobre o Dereito á Vivenda
22_04_20_DereitoVivenda
22_04_20_DereitoVivenda

Será un encontro con Óscar Bolívar, avogado experto en vivenda e traballador da Unidade contra os Desafiuzamentos da Generalitat Valenciana.

Celebrarase o mércores 20 de abril, desde as 17.00h ás 20.00h, no Centro Cívico dos Mallos, e o acceso é de balde ata encher aforo. Só hai que reservar praza no correo [email protected]

Entre outras cuestións, o obradoiro aclarará como actuar cando recibimos unha notificación de desafiuzamento por impago de aluguer ou hipoteca, que dereitos ten un inquilino ante a non renovación do contrato, ou como dificultar un desafiuzamento sen alternativa habitacional.

Comentarios
Obradoiro sobre o Dereito á Vivenda