OROD | nota de prensa

Preséntase na Coruña o ‘Orgullo Rebelde Orgullo Disidente’

Unha alternativa para un Día do Orgullo LGBTIQA+ inclusivo, transfeminista, non institucional e non subvencionado

Preséntase na Coruña o ‘Orgullo Rebelde Orgullo Disidente’
Rolda de prensa
Rolda de prensa

Haberá diversas actividades, que se estenderán até despois do 28 de xuño, e unha concentración na Praza de María Pita o domingo 27 ás 20 horas

A Coruña, 22 de xuño de 2021.- Un grupo de persoas pertencentes a distintas agrupacións LGTBI da Coruña, en réxime de asemblea aberta na tarde do 5 de Xuño, decidiron xuntarse este ano para reflexionar colectivamente sobre cómo se está a celebrar o Día do Orgullo LGBTI e sobre cómo as distintas propostas, actos, programacións ou mobilizacións arredor deste día recollen, ou non, todas as identidades.

Froito desa reflexión surxiu a decisión de organizar unha programación alternativa a un Orgullo visto cada vez como máis institucionalizado, mercantilizado e baleirado de contido reivindicativo, ademáis de condicionado pola axenda de organizacións estatais que non sempre representan as demandas concretas do colectivo nin a nivel local nin a nivel galego. Neste “Orgullo Rebelde, Orgullo Disidente”, como é denominada a iniciativa, participan as asociacións Amizando, Avante LGBT+, ErgoSum, Abrir Fenda e Acción Antifascista da Coruña; xunto ca colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e diversos locais da cidade que apoian á causa.

Esta mañá presentouse na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o programa de actos previstos para este Orgullo rebelde e disidente, que inclúe distintas propostas que, de feito, xa comezaron o pasado venres 18 ca presentación do libro de poesía “Ergo” de Martín Corral cun micro aberto posterior no que as asistentes puideron facer música e ler as súas propias obras literarias. A través das RRSS (Twitter, Facebook e Instagram) comezaron ca difusión desta primeira actividade e afirman o rotundo exito das mesmas, pois superaron o aforo e tiveron que negar a entrada por mor disto e o seu directo en Instagram tivo máis de 200 reproduccións en menos de doce horas. O resto de actividades se irán desenvolvendo ao longo dos próximos días e mesmo máis alá do propio 28 de xuño.

Aínda que o “prato forte” desta programación será a súa parte máis reivindicativa, unha concentración na Praza de María Pita prevista para o domingo 27 ás 20 horas, desde a tarde deste mércores día 23 iranse desenvolvendo distintas actividades. Así, mañá ás 17 horas haberá unha charla divulgativa sobre as diversidades sexo-xénero a través do mundo animal. O xoves 24, á mesma hora, haberá outra sobre a diversidade nos videoxogos. O venres 25, de 17 a 18.30, haberá sesións de cinefórum LGBTI tanto o venres 25 coma o xoves 1, co seu respectivo debate. O sábado 26 haberá senllas charlas divulgativas sobre a problemática das persoas LGBT+ na terceira idade e outra sobre termos referidos ó feminismo e ó colectivo LGTBI. O domingo 27 desenvolverase un picnic comunitario nun espazo público da cidade e varias actividades e xogos antes da concentración das 20 horas dese día, ate unha hora antes da tan ansiada concentración en María Pita. O propio día 28, ás 17 horas, haberá unha charla sobre as realidades LGBT+ na Galiza non urbana. Todas estas actividades presenciais desenvolveranse no local da AC Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18, 1º andar) e en todas elas seguirase un estrito protocolo de medidas anti-covid. Trataráse de gravar en directo e posteriormente compartilas en RRSS (Youtube, Facebook, etc) para todas aquelas persoas que quixeran ir ás actividades e non puidesen polos motivos que fosen. Para máis información respecto da programación e das medidas e o aforo, poderán consultar, de novo, nas RRSS de OROD.

De feito, outras dúas actividades serán meramente nas RRSS:

  • Un concurso de maquillaxe drag, na que quenes participen subiran as súas fotos ás RRSS etiquetando ás contas de OROD. Máis tarde, o luns 28, quenes participasen nesta actividade, poderán acudir ós locais colaboradores en busca da súa compensación sempre e cando acudan ca maquillaxe ca que participaron anteriormente. Todos os detalles os saberemos nestes próximos días.
  • Ó longo destes días tan orgullosos, iranse propoñendo rondas de preguntas en formato de enquisa, para así dar a coñecer todo tipo de información referente ó colectivo LGTBI (ámbito asociacionista, sanitario, ocio, etc).

Por último salientar que tan só levan 17 días de incansable traballo, collido con moitas forzas por parte das arredor de 20 persoas involucradas neste Orgullo rebelde e disidente e acollido con tanto amor por persoas de toda a Galiza, que mostraron o seu apoio polas RRSS e na primeira actividade comentada anteriormente.

Quen atendeu a rolda foi Andie Sánchez, quen forma parte de Avante LGBT+ e colabora no OROD.

Preséntase na Coruña o ‘Orgullo Rebelde Orgullo Disidente’