ENTREVISTA A ROCíO FRAGA, SáENZ, CONCEJALA DE IGUALDAD Y DIVERSIDAD. IGUALDAD, COLECTIVOS MINORITARIOS Y MINORIZADOS, PLANIFICACIóN FAMILIAR Y LUCHA CONTRA LA VIOLENCIA DE GéNERO.

“Queremos facer da Coruña unha cidade de acollida”

¿Qué quiere hacer el Ayuntamiento de “la ciudad en la que nadie es forastero” con el tema de los mal llamados refugiados?
Me parece importante destacar o de “mal chamados” polo tema de que estamos chamando refuxiados e refuxiadas a personas que de momento o que están e desprazados buscando refuxio.

O Concello nos sumamos a ese chamado que se fixera desde Barcelona de Cidades Refuxio, para visibilizar que a cidadanía quería que se acolleran a estas persoas e máis no caso de Galicia, onde temos moita experiencia ao longo dos anos, de andar desprazadas e desprazados polo mundo. 

“Queremos facer da Coruña unha cidade de acollida”
rocío fraga
rocío fraga

O que fomos traballando nese sentido e o que nos permite o marco xurídico, no que dependemos da Unión Europea e do Estado Español, que derivan o acollimento de persoas desprazadas a través de determinadas entidades (ONGs), no noso caso en Galiza, a única que fai ese traballo incluíndo acollida con vivendas e con habitabilidade e ACCEM. Seguimos dos liñas de traballo; por unha banda, abrir á cidadanía a posibilidade de facer ofrecimiento a través do Concello de diferentes cousas (cun formulario na web para que a xente se apuntara, co cal agora temos unha base de datos con persoas e entidades que ofreceron diferentes cousas e da que tiramos cando a través de ACCEM nos facen solicitude de algunha cousa concreta. E por outra banda está o apoio á entidade que fai este traballo que é ACCEM e tratamos de ampliar o parque de vivendas do Concello. A OAR (Oficina de atención ao refuxiado) deriva casos a ACCEM e esta nos vai facendo demandas concretas que imos cubrindo co noso programa e co apoio da cidadanía.

Agora, coa aprobación inicial dos orzamentos dende a Concellería de Igualdade e Diversidade se introduciu unha parte destinada a “Cidade Acolledora” que inclúe todo o tema de inmigración, asilo e diversidade funcional. Queremos deixar claro que para nós é tan susceptible de recibir o apoio e a benvida á nosa cidade a xente que ven do conflito concreto de Siria como outras persoas refuxiadas por calquera outra situación de conflicto bélico ou cuestións políticas ou sociais que teñen que deixar o seu país, migrantes ou solicitantes de refuxio. Hai que persoas que xa teñen tempo vivindo aquí e que non teñene todas as garantías cubertas.

¿Por qué no están llegando refugiados a Coruña ni a ninguna ciudad del Estado?

Xa chegaron 18. Está previsto que veñan outras 18 próximamente. Non están chegando polo bloqueo que se está a facer a nivel europeo, que como sabemos hoxe comezaron as deportacións desde Grecia, e porque moitas persoas non queren vir aquí, o seu obxectivo é chegar a outros países. Tamén dos intereses xeoestratéxicos do Goberno español.

¿Qué capacidad de acogida tendría la ciudad?

Non podería decirte un número exacto. Cando fixemos o primeiro chamado para ver dónde poderíamos ter aloxamentos dignos para esas persoas, a limitación a temos en que a nivel municipal o parque de vivendas está feito un desastre, é moi reducido e o poco que hai está en pésimas circunstancias. De feito os poucos pisos que estaban habilitados estaban previstos para venta. Se ofreceran prazas na residencia universitaria da Diputación,  de Calvo Sotelo, tamén no Padre Rubinos había 30 prazas... pero eso non o valorábamos como unha saída habitacional útil, porque a xenta que veña aquí vai vir para quedarse, non podemos pensar en algo temporal. Non nos parece que compartir vivenda sexa tampouco unha boa saída. Si fora para algo temporal, perfecto. 

Entón, habería que valorar pero eu creo que poderíamos acoller varios centos de persoas. Se trata de facer programas de inserción na que os servicios propios municipáis e as entidades fagan que cando a xente veña, aprenda o idioma, se empece a situar na cidade e poda empezar a ter unha vida máis autónoma. Habería que facer a conta, pero ante as cifras que se están barallando para o Estado Español estamos totalmente capacitadas.

¿Qué está haciendo la red de ciudades refugio?

Compartir a frustración, porque non podemos asumir o reto directamente; temos que facelo a través das entidades e coas limitacións xa comentadas. Teremos un encontro a primeiros de maio en Barcelona porque preocúpanos que como concellos estamos tendo cero marxe de maniobra. Os programas de refuxio que veñen de Europa veñen totalmente pechados con esas entidades, avisan con pouco tempo de antelación á entidade e rápidamente hai que dar resposta de atopar pisos nas condicións que se indiquen. E por certo, na Coruña está a haber dificultades para alugar pisos, cando ACCEM é un respaldo total de garantía de pago e de que ese piso vai estar en condición cando se devolva.

Hay un primer momento de acogida, pero luego viene un proceso de integración. ¿Crees, en base a la experiencia con las personas inmigrantes, que nuestra sociedad está abierta a las culturas? 

Eu creo que sí, A Coruña é unha cidade segura sin grandes conflitos de convivencia, e sí pode ser unha cidade acolledora. Pero máis alá disto, está ese crecemento dun pensamento de ultradereita que vai chegar ó Estado Español, como para xerar un conflito entre pobres, cando o Concello non vai deixar de atender a ninguén para atender ós que veñan. De ahí a necesidade de ter unha concellería de igualdade e diversidade. Somos unha sociedad multicultural e o mellor é asumilo.

La modificación en los presupuestos ¿afecta a esta Concejalía?

A falta de velos esta tarde, o que tocaron desta Concellaría perxudica á parte de migracións. En calquera caso teño que revisar si o que chamábamos Plan de Cidade Acolledora queda afectado ou non. Eu espero que non se vexa moi perxudicado pero sí é importante destacar que, así como a partida de Igualdade se viu despois do que pasou no modificativo como intocable, en principio creo que o pouco que tocaron foi á inmigración.

“Queremos facer da Coruña unha cidade de acollida”