UGT | nota de prensa

Subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios: 1º de maio

1º de maio: Día internacional dos traballadores  e traballadoras
Subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios: 1º de maio
1m2023
1m2023

Actos 1º de Maio 

Dentro dos actos previstos para a celebración do 1º de Maio, o día 26 de abril ás  10:30 (no salón de actos do Edificio de Sindicatos situado na Avda. de Alfonso Molina), realizaremos unha “Xornada sobre pensións e Negociación Colectiva”, na que estarán presentes Fernando Luján (Vicesecretario Xeral de Política  Sindical de UGT) e José Antonio Gómez (Secretario Xeral de UGT Galicia). 

Ás 13:00 horas realizaremos a entrega da XIX edición do Premio 1º de Maio de 2023. Este ano entregaranse os premios pola súa labor sindical a: 

Manuel Santiso Iglesias - Federación de Servizos, Movilidade e  Consumo (FeSMC). Afiliado á Unión General de Trabajadoras y  Trabajadores dende o 1972. A súa labor sindical o acompañou ao longo  da súa carreira profesional, xa que foi membro do Comité de Empresa de Urbanos de La Coruña (actual Compañía de Tranvías), do Comité  Intercentros de ENALCAR e, membro do Comité de Empresa de  AUDASA, onde se xubilou. 

Ademáis, no noso sindicato tuvo cargos de relevancia xa que foi o Secretario Nacional do Sector de Carreteiras, Secretario Provincial do  Sector de Carreteiras, membro da Comisión Permanente Estatal del Sector de Carreteiras e membro do Comité Federal da Fesmc. Así  mesmo, dende o ano 2012 segue a colaborar coa UGT dende o puesto de responsable da Unión de Pensionistas y Jubilados de UGT Coruña. 

Irene Martínez - Federación de Servizos Públicos (FeSP). Afiliada á UGT  dende 1984. Desempeñou funcións de delegada sindical dende as primeiras eleccións sindicais das Administracións públicas no 87, na  Delegación Provincial de Insalud da Coruña.

Ademáis dentro do Sindicato tivo diferentes responsabilidades dentro da Federación de Servicios Públicos da Coruña (Secretaría de Comunicación  e a Secretaría de Sanidade). Con posterioridade pasou a desempeñar a Secretaría de Acción Social da UGT da Coruña. Con motivo da constitución da FSP en Galicia no 91, incorporouse á Comisión Executiva Nacional para desempeñar a Secretaría do Sector de Sanidade e Sociosanitario, responsabilidades que desempeño ata o ano 2005 que se  incorporou á Secretaría de Organización de UGT Galicia. É dende o 2016  é Secretaria Xeral de UGT Servicios Públicos de Galicia, membro do  Comité Confederal e do Comité Federal de UGT Servicios Públicos. 

Manuel Neira Naveira – Federación de Industria, Construción e Agro (FICA). Comezou a traballar na empresa Emesa Trefilería no ano 72 ata  a súa xubilación no ano 2010. No ano 1983 se afiliou á Unión General de Trabajadoras y Trabajadores e comezou a súa labor sindical no ano 85,  xa que Manuel foi membro e presidente do Comité de Empresa dende dito  ano ata a súa xubilación anticipada no 2010. 

Ademáis, no noso sindicato formou parte da Comisión Executiva do Sindicato Comarcal de UGT Metal na Coruña no cargo de Secretario de Prensa e Propaganda. Xa no 92, entrou a formar parte da Comisión  Executiva da Unión Comarcal de UGT Coruña Xunto a José Carrillo. 

Asimismo, o 1 de maio terán lugar 3 actos: 

  • 10:00 realizaremos a entrega floral no cemiterio civil xunto con CCOO.
  • 11:00 realizaremos a entrega floral na plaza de Pablo Iglesias co PSOE. 
  • 12:00 manifestación con saída dende a Praza de A Palloza ata a Praza  de Ourense. 

Manifesto 1º Maio.

Subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios: 1º de maio