Asociación Eme | nota de prensa

Amador Fernández-Savater presenta esta semana o seu último libro, La fuerza de los débiles, na Coruña

As librarías Berbiriana e A Tobeira de Oza acollerán este xoves encontros co autor, que pasará o venres pola Parva, a cantina do mercado de San Agustín, para conversar e intercambiar ideas arredor da obra, unha análise do 15M

Amador Fernández-Savater presenta esta semana o seu último libro, La fuerza de los débiles, na Coruña
Portada de La fukerza de los débiles
Portada de La fukerza de los débiles

20-09-21. O pensador, escritor e activista Amador Fernández-Savater estará esta semana na Coruña para presentar o seu último libro, La fuerza de los débiles. El 15M en el laberinto español. Un ensayo sobre la eficacia política (Akal, 2021), unha análise onde o autor fai balance do que foi o 15M, pasada unha década desde a súa eclosión.

Da man da Asociación M, das librerías Berbiriana e A Tobeira de Oza e da cantina do mercado de San Agustín, A Parva, o autor participará, o xoves e o venres, en tres encontros nos que afondar no seu texto e reflexionar sobre algunhas loitas sociais da Coruña.

Este xoves, desde as 12.00 e ta as 14.00 horas, Fernández-Savater estará asinando libros e conversando con aquelas persoas que se acheguen á libraría Berbiriana (rúa Santiago, 7). O aforo da librería é de cinco persoas.

Pola tarde, entre as 19.00 e as 21.00 horas, o autor analizará algunhas das loitas sociais que teñen lugar na Coruña nunha entrevista guiada con coloquio a micro aberto que terá lugar no alpendre cultural A Tobeira de Oza (rúa Merced, 24).

O venres, de 13.00 a 14.00 horas, o escritor pasará pola Parva, a cantina do mercado de San Agustín, para pasar un anaco charlando sobre o seu libro.

Os encontros, abertos a quen se queira achegar, non requiren inscrición previa pero manterán as restricións vixentes para a prevención da Covid. Desde o xoves, o autor estará dispoñible para entrevistas con medios, a través da asociación.

Amador Fernández-Savater presenta esta semana o seu último libro, La fuerza de los débiles, na Coruña