DIETARIO

A vida dun senegalego na Coruña e outras reflexións desde a negritude

Axenda cultural

 

A vida dun senegalego na Coruña e outras reflexións desde a negritude
Convite da AC Alexandre Bóveda á presentación do martes.
Convite da AC Alexandre Bóveda á presentación do martes.

"Pola integración. Estou escribindo. Xa volo contei. Quero entender e explicar o que pasa coa nosa comunidade. Por que chegamos ata aquí e como nos sentimos", anota Cheikh Fayé (Gade Escale-Diourbel, 1962) no correo de presentación do seu libro Ser Modou Modou, que xa está á venda na tenda da AS-PG, a editorial: aquí.

Cheikh Fayé emigrou cumpridos xa os corenta, asentou na Coruña e despois duns anos traballando nunha empresa de ferralla, a crise botou os seus soños ao chan. Hoxe sobrevive na venda ambulante, como a maioría dos senegalegos (como el gosta de chamalos) no país. Son xente sinxela, amábel e moi respectuosa, unha comunidade que fai esforzos por integrarse e comprender Galiza, como o Cheikh mesmo, que deu en escribir un bloge, Senegaliza, Gade Escale – A Coruña, unha viaxe de catorce anos, no que dá conta da súa vida, da vida da comunidade e das ensinanzas dos grandes heroes da tradición humanista senegalesa. Leccións desde a negritude para un país coma este que tanto precisa de recuperar valores. En Ser Modou Modou están algúns deles, universais a compartir.

Onde

A.C. Alexandre Bóveda. Rúa Olmos, 16.

Cando

Martes, 11 de xullo

Horario

20.00 horas

Información

A web da A.C. Alexandre Bóveda, de estrea, é esta: https://www.acalexandreboveda.gal/


 

A vida dun senegalego na Coruña e outras reflexións desde a negritude