AC Alexandre Bóveda

A Fundación Moncho Reboiras e a CIG presentan "O nacionalismo galego na década dos 70" para pór en valor a mobilización nacionalista

Este mércores, 30 de outubro, ás 19:30h terá lugar a presentación do libro "O nacionalismo galego na década dos 70" na sede da AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña. O evento contará coa participación dos autores Suso Seixo, Lois Diéguez e Pilar García Negro, que afondarán nos retos e logros do nacionalismo galego durante esa década de intensa mobilización.
A Fundación Moncho Reboiras e a CIG presentan "O nacionalismo galego na década dos 70" para pór en valor a mobilización nacionalista
"O nacionalismo galego na década dos 70"
"O nacionalismo galego na década dos 70"

A Fundación Moncho Reboiras e a Confederación Intersindical Galega (CIG) veñen de publicar un traballo que busca recoller e poñer en valor o esforzo militante e a articulación do nacionalismo galego nos anos 70. O libro, titulado "O nacionalismo galego na década dos 70", é un volume colectivo coordinado por Suso Seixo e Uxío-Breogán Diéguez, no que se afonda na teorización e autoorganización política e social que caracterizou ao movemento nacionalista galego.

A presentación, programada para as 19:30 horas deste mércores 30, contará coa participación dos coautores Suso Seixo, Lois Diéguez e Pilar García Negro, quen destacarán o traballo militante que definiu a década. A obra repasa as claves de como a ideoloxía e o frontismo nacionalista galego comezaron a consolidarse como movemento, orixinándose desde a segunda metade dos anos 60, cando a sociedade galega experimentaba unha efervescencia cultural e política marcada polo impulso do galeguismo e as ideas de emancipación nacional.

Nunha etapa de represión ditatorial, o nacionalismo galego foi quen de xerar unha potente mobilización e autoorganización social e política que deixou unha fonda pegada. Esta publicación, promovida pola Fundación Moncho Reboiras e a CIG, constitúe unha homenaxe a aquel esforzo colectivo e militante. O libro destaca tanto a capacidade de autoorganización como os avances teóricos e prácticos que definirían unha década clave para o nacionalismo en Galicia.

A Fundación Moncho Reboiras e a CIG presentan "O nacionalismo galego na década dos 70" para pór en valor a mobilización nacionalista