Libros

Presentación de "Rompe" de Manuel López Rodríguez

A Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) retoma as actividades de lanzamento de novos libros e encontros cos autores e autoras.
Presentación de "Rompe" de Manuel López Rodríguez
rompe
Rompe, de Manuel López Rodríguez

A Coruña, 9 de abril de 2021.- Nesta "nova normalidade" contamos co apoio das Bibliotecas Municipais e o Centro Ágora, que nos permitirá poder realizar estas actividades sen problemas no aforo e con todas as medidas sanitarias. A primeira destas actividades será o lanzamento da obra poetica "Rompe" de Manuel López Rodríguez, editada por Urutau. Acompañará ao autor, o poeta Ramiro Vidal Alvarinho

Desde a magnitude que abraia
xa non tento buscar os fósiles incrustados nos penedos;
nin procuro que alguén atope as pegadas que fun
deixando ao agatuñar
polas pólas dos ameneiros.                      Sosteñen o peso que
como paso de
ave chiando nun lugar que non chegamos a observar
pecha os ollos e despois dorme.

Toda civilización ten o seu intre na historia. Eu teño
a herba mollada recentemente nada; o burato sen intencións onde prender lume;
a verti
cali
da
de.

Comentarios
Presentación de "Rompe" de Manuel López Rodríguez