parques eólicos

ADEGA advirte dun posible caso corrupción xeneralizado na tramitación de parques eólicos en Galiza

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) denuncia un posible caso de corrupción na tramitación de parques eólicos en Galiza, específicamente relacionado co proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia.
ADEGA advirte dun posible caso corrupción xeneralizado na tramitación de parques eólicos en Galiza
Ti podes paralos
Ti podes paralos

A Fiscalía de área de Santiago de Compostela notificou a ADEGA o arquivo das dilixencias de investigación penal nº 71/22, relativas á denuncia presentada por esta asociación en novembro de 2022. Na denuncia, ADEGA expoñía que a resolución de 21 de xullo de 2021 permitía a Greenalia trocar a opción de monetización do seu plan industrial dándoo por executado en base ao desenvolvemento de certas actividades que nada tiñan que ver coas propias daquel plan industrial.

ADEGA considera que o arquivo da denuncia por parte do Ministerio Fiscal resulta absolutamente escandaloso e contrario á salvagarda da legalidade e do interese xeral. Segundo o decreto de arquivo, a Fiscalía solicitoulle explicación á Xunta de Galicia, e a Xunta remitiu un informe no que non aparece referencia algunha a normas xurídicas que dean cobertura á actuación denunciada. Ademais, no informe da Xunta maniféstanse graves falsidades, como que a opción pola monetización dos proxectos industriais non estaba sometida a límite temporal. Simplemente, é falso.

Este caso podería ser a punta do iceberg dun posible caso de corrupción política na tramitación de parques eólicos en Galiza. Moitos dos proxectos de parques eólicos que foron seleccionados no concurso eólico de 2010, asociados á execución de plans industriais, seguen actualmente en tramitación e pendentes das correspondentes autorizacións administrativas.

ADEGA advirte dun posible caso corrupción xeneralizado na tramitación de parques eólicos en Galiza