Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Alertan sobre presenza de uranio na mina de San Finx

Ecoloxistas en Acción demanda a realización dun estudo radiolóxico como parte do preceptivo procedemento de avaliación de impacto ambiental da explotación mineira en San Finx ante a redén elaboración dun estudio que confirma a presenza de uranio nesta mina.

Alertan sobre presenza de uranio na mina de San Finx
Contaminación das augas
Contaminación das augas

Ecoloxistas en Acción ven de por en coñecemento da Xunta de Galicia e do Consello de Seguridade Nuclear a confirmación de que na mina de San Finx existen concentracións significativas de uranio, mineral radioactivo de elevada perigosidade. Así o confirma un traballo de investigación da Universidade de Oviedo ao que tivo acceso a entidade Ecoloxista e que foi remitido tanto ao departamento de minas como a Augas de Galicia como á Administración nuclear.

Mentres que a actividade da mina xa debía terse sometido á avaliación de impacto ambiental por tratarse dunha explotación con presenza de sulfuros que provocan drenaxes ácidas de mina con elevadas concentracións de metais pesados, e por estar a menos de 1 km de varios núcleos de poboación, a presenza de uranio fai imprescindible que a mina sexa ademáis obxecto dun estudo radiolóxico que permita determinar os posibles impactos sobre o ambiente e a saúde das poboacións aledañas e das persoas traballadoras na propia explotación.

En realidade, a posible presenza de uraninita nas pegmatitas de San Finx xa fora apuntada nun estudo realizado en 1981 pola Comisaría da Enerxía e dos Recursos Mineirais do entón Ministerio de Industria, e que agora, 40 anos despois, confirma o estudo realizado no Departamento de Xeoloxía da Universidade de Oviedo.

A organización ecoloxista sinala que as concentracións de uranio non son suficientes para xustificar o seu aproveitamento comercial, que comezan a ser viables a partir de 40 ou 50 partes por millón (ppm), en San Finx as concentracións detectadas están por volta de 12 ppm. Pero alertan que si son o suficientemente elevadas para a necesidade de realizar un estudo radiolóxico como parte da avaliación de impacto ambiental que Ecoloxistas en Acción e numerosos colectivos veñen demandando desde fai anos.

Comentarios
Alertan sobre presenza de uranio na mina de San Finx