Ecoloxistas en Acción @ nota de prensa

A Caza incrementou a matanza de xabaril en plena pandemia

Ecoloxistas en Acción denuncia que na tempada de caza do ano pasado matáronse 17.517 xabariles, 1.408 máis que na tempada anterior, a pesares de que en plena pandemia só estaba autorizada a caza excepcional “por danos”.

A Caza incrementou a matanza de xabaril en plena pandemia

Ecoloxistas en Acción máis colectivos como Petón Lobo sinalan que este incremento resulta aínda máis inconcebible cando na tempada anterior decretouse a emerxencia cinexética para o xabaril en catro comarcas o que supuxo a autorización de formas de caza prohibidas habitualmente, coma capturadeiros (trampas non selectivas) ou esperas nocturnas, e tamén  se estendeu a caza a tódolos días da semana e mesmo a terreos non cinexéticos.

Explican que a caza por danos, na lei de caza considérase unha medida extraordinaria, para a cal é necesaria autorización. É unha maneira de complementar a caza regulada que para o xabaril esténdese dende o 22 de agosto ata o 28 de febreiro.

As autorizacións de caza por danos son inmediatas sen que sexa necesario a comprobación previa dos danos e poden ser solicitadas polos titulares dos tecores (a administración non considera que haxa conflito de intereses). Os tecores non teñen a obriga de contabilizar, nos seus cupos autorizados, os xabariles cazados por danos. Non hai límite para matar xabariles cando se solicita a súa caza por danos e aínda hai cazadores que están a pedir poder cazar femias con crias

Denuncian que a caza por danos pódese levar a cabo durante todo o ano sen respectar épocas de cría. Incluso pódese autorizar en todos os terreos cinexéticos sen respectar zonas de protección da fauna como os vedados. “Se houbo só caza por danos, cómo é posible que se incrementasen en 1.408 os xabariles mortos?. A resposta é que a caza por danos non se utiliza como excepción senón como forma de sortear as restricións da caza regulada.”- asevera Nery Díaz, voceira de Ecoloxistas en Acción Lugo.

As asociacións ecoloxistas solicitan con urxencia a realización dun censo de xabaril e estudios da influencia da caza na súa poboación e nos seus comportamentos. Tamén piden que se procure a conservación do monte con especies autóctonas para que o xabaril poida atopar alimento e acubillo. Sinalan que os eucaliptales e a propia presión cinexética empurran aos xabariles cara a zonas habitadas incrementando así os danos nos cultivos.

A Caza incrementou a matanza de xabaril en plena pandemia