Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Chamamento á mobilización transfronteirza en Montalegre frente aos novos proxectos mineiros

Colectivos de ambos os dous lados da fronteira participarán nunha manifestación prevista para o próximo sábado 22 na vila raiana de Montalegre

Chamamento á mobilización transfronteirza en Montalegre frente aos novos proxectos mineiros
Ñao á mina
Ñao á mina

Denuncian a falta de transparencia e impactos ambientais en varios proxectos encabezados por unha mesma empresa australiana na Borralha, San Finx e Santa Comba

Ecoloxistas en Acción e outros colectivos galegos implicados na loita contra a minaría destructiva veñen de sumarse á convocatoria de manifestación lanzada polo Movimento Não às Minas – Montalegre e a Associação Povo e Natureza de Barroso para este sábado 22 na praza do Município de Montalegre. A arruada comezará às 14:30 (hora portuguesa) e coincide coa famosa Feira do Fumeiro que atrae a numerosas persoas á capital das Terras do Barroso.

Desde os colectivos galegos e portugueses fan un chamado á participación, non só para evidenciar a solidariedade transfronteiriza ante os impactos comúns que os novos proxectos mineiros teñen sobre as poboacións locais e no ambiente, máis especialmente para facer frente de forma conxunta e coordenada a empresas estranxeiras que operan a un e outro lado da fronteira.

Precisamente a manifestación deste sábado cuestiona o proxecto de mina de estaño e volframio da Borralha, no concelho de Montalegre, capitaneado pola empresa australiana Rafaella Resources que tamén está detrás dos polémicos proxectos mineiros de San Finx e Varilongo. Rafaella Resources, que pretende lucrarse con todos estes proxectos, está controlada por un conglomerado opaco chamado Starboard Global con sede nos paraísos fiscais das Illas Virxes Británicas e Hong Kong.

Implicación galega nas accións xudiciais en Portugal

Esta mesma semana o Tribunal Administrativo de Círculo de Lisboa citou á Direção-Geral de Energia e Geologia e ao Ministério do Ambiente como procesados nunha acción xudicial iniciada pola fundación galega Montescola en colaboración con Ecoloxistas en Acción, precisamente pola negativa das autoridades portuguesas a proporcionar a documentación sobre a mina da Borralha, que tamén pediran en repetidas ocasións e sen éxito os movementos portugueses.

A acción dase logo dun caso similar, o do proxecto de litio da Mina do Barroso, onde a negativa das administracións a proporcionar información ambiental acabou nos tribunais e mesmo no Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus dependente das Nacións Unidas, onde tamén se acumulan queixas contra a Xunta polas minas de San Finx e Santa Comba. Naquel caso, o proxecto foi sometido a consultas transfronteirizas ante a instistencia de Ecoloxistas en Acción ante o Ministerio de Asuntos Exteriores.

Chamamento á mobilización transfronteirza en Montalegre frente aos novos proxectos mineiros