ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES | NOTA DE PRENSA

Comenza a recollida de sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal

A Organización galega de comunidades de montes iniciará na súa asemblea do 19 de febreiro a campaña de recollida de sinaturas que avalen a ILP recién rexistrada no Parlamento galego

Comenza a recollida de sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal

A ORGACCMM celebrará o vindeiro sábado, 19 de febreiro, no concello de Guitiriz, a súa asemblea xeral. Na asemblea se presentará a campaña para recabar as 10.000 sinaturas necesarias para avalar a Inciativa Lexislativa Popular rexistrada recentemente pola organización no Parlamento galego.

A Organización galega de comunidades de montes pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta ILP son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade axeitada a figura e as funcións dos montes veciñais.

Comentarios
Comenza a recollida de sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal