Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Ecoloxistas en Acción alerta que o Camiño Primitivo, patrimonio da humanidade, pode ser “atropelado” pola Xunta de Galicia e o Concello da Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción Galiza alertamos que a Xunta de Galicia e o Concello de  Fonsagrada aprobaron o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fonsagrada,  que este Plan empraza un Polígono Industrial que afecta de maneira  considerable o Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade da  Unesco. 

Ecoloxistas en Acción alerta que o Camiño Primitivo, patrimonio da humanidade, pode ser “atropelado” pola Xunta de Galicia e o Concello da Fonsagrada
Camiño Primitivo
Camiño Primitivo

Ecoloxistas en Acción Galiza xunto con un grupo de veciños solicitou ao ICOMOS (Comité Nacional Español do Consello Internacional de Monumentos e Sitios) informe ante esta situación, unha vez analizada; ICOMOS emite un INFORME SOBRE A AFECTACIÓN ó CAMIÑO PRIMITIVO DE SANTIAGO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA FONSAGRADA E A súa  ROTONDA DE ACCESO.  

Neste informe contémplase a posibilidade da súa localización en, polo  menos, tres lugares distintos e próximos ao núcleo urbano. 

A elección da actual localización só xustifícase por intereses partidistas da Xunta de Galicia e do Concello da Fonsagrada. 

Segundo este informe NON É VIABLE o emprazamento onde se pretende construir este Polígono Industrial. 

No Plan Xeral de Ordenación Municipal da Fonsagrada non se aprecia sensiblemente a necesidade inmediata deste Polígono, tendo en conta que a 30 Km. en Cádavo-Baleira leva máis de 10 anos construído un Polígono industrial, no que soamente se construíron dúas naves, unha que serve de almacén e a outra sen ningún tipo de actividade, estando mellor  situado que o da Fonsagrada, a 15 Km. da Autovía A Coruña — Lugo — Madrid e a 30 Km.  de Lugo. 

Ademais a 15 km do Polígono de Cadavo-#Baleira constrúese o Polígono Industrial de  Castroverde, que leva máis de 5 anos executado e con só dúas naves construídas sen ningún  tipo de actividade, e mellor situado que os anteriores.

Ecoloxistas en Acción alerta que o Camiño Primitivo, patrimonio da humanidade, pode ser “atropelado” pola Xunta de Galicia e o Concello da Fonsagrada