Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Ecoloxistas en Acción Galiza pide ao Conselleiro Francisco Conde que recúe na tramitación do proxecto eólico Castro Valente, en Padrón

  • Localización inidónea por zoonificación de máxima sensibilidade ambiental e próxima á Rede Natura
  • Ubicación sobre zona protexida de auga potable e sobre a masa de auga soterrada ULLA ESO14MSBTO14-005
  • Afección severa á Herpetofauna do Monte Castro Valenta

 

Ecoloxistas en Acción Galiza pide ao Conselleiro Francisco Conde que recúe na tramitación do proxecto eólico Castro Valente, en Padrón

EA Galiza realiza esta petición ao conselleiro en base as seguintes causas:

1.- A LOCALIZACIÓN INIDÓNEA DO PROXECTO EÓLICO CASTRO VALENTE: ZONIFICACIÓN DE MÁXIMA SENSIBILIDADE AMBIENTAL E NA QUE NON SE RECOMENDA A INSTALACIÓN DE INFRAESTRUTURAS EÓLICAS

A poligonal do proxecto eólico CASTRO VALENTE coincide con zonas de Máxima sensibilidade ambiental segundo a Clasificación de sensibilidade ambiental proporcionada pola Zonificación ambiental para enerxías renovables elaborada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Resolución de 30 de diciembre de 2020, de la Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, por la que se formula la declaración ambiental estratégica del Plan Nacional Integrado de Energía y Clima 2021-2030, «BOE» núm. 9, de 11 de enero de 2021).

Según a información proporcionada por esta ferramenta, a poligonal do proxecto eólico Castro Valente ubícase en áreas non recomendadas para a instalación da enerxía eólica, pola súa máxima sensibilidade ambiental.

O proxecto eólico Castro Valente ten por obxecto a execución dun parque eólico de 18 MW de potencia total nos concellos de Padrón na provincia da Coruña e Valga, Pontecesures e a Estrada, na provincia de Pontevedra, composto por 3 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada (vieiros de acceso e servizo, plataformas de montaxe, gabias do cableado, estación meteorolóxica e unha subestación). Para os aeroxeradores prevese unha altura de 179,5 metros.

Estes 3 aeroxeradores ben puidera reubicalos a mercantil promotora noutros proxectos eólicos que ten en tramitación ou ben repotenciando outros que ten en funcionamento, sen embargo presenta este proxecto que se localiza non só afectando a un xacemento arqueolóxico de envergadura como é o Castro Valente, senón que por enriba afecta a unha Zona protexida de Auga Potable e enriba dunha Masa de Auga soterrada que conflue e conecta ecolóxicamente coa Rede Natura 2000 (Sistema fluvial Ulla -Deza, a escasos metros das infraestruturas eólicas) e dentro dunha poligonal localizada nunhas zonas de máxima sensibilidade ambiental segundo a Zonificación ambiental do Ministerio para a enerxía eólica.

2.- A LOCALIZACIÓN INIDÓNEA DO PROXECTO EÓLICO CASTRO VALENTE: PRÓXIMA Á REDE NATURA 2000. AFECCIÓN SEVERA Á NECESARIA COHERENCIA DA REDE NATURA 2000.

Detalle do Monte Castro Valente rodeado en forma de media lúa polo espazo protexido da Rede Natura 2000 Sistema Fluvial Ulla -Deza Código del LIC ES1140001. O espazo natural protexido máis próximo ao parque eólico é a ZEC ES1140001 “Sistema fluvial Ulla – Deza” localizada dende o suroeste ata o nordés do aeroxerador CV-01, a unha distancia aproximada de escasos 500 metros.

Dada a relevante importancia que desempeña a auga na área de afección do proxecto existe unha particular afección para réptiles e anfibios como:  lución (Anguis fragilis), a cobra de colar (Natrix natrix), a cobra de escaleira (Rhinechis scalaris), o lagarto ocelado (Timon lepidus), a raniña de san Antón (Hyla arborea), a ra patilarga (Ra ibérica) e a píntega común (Píntega píntega) catalogadas como “Vulnerables” polo Catálogo galego de especies ameazadas.

As infraestruturas localízanse sobre a área de distribución potencial establecido para a especie escribano palustre (Emberiza schoeniclus) segundo indica o Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia, en perigo de extinción. Na envolvente de 5 km localízanse ademais áreas de presenza da especie e áreas prioritarias de conservación.

3.- O PROXECTO EÓLICO CASTRO VALENTE UBÍCASE SOBRE UNHA ZONA PROTEXIDA DE AUGA POTABLE  E SOBRE A MASA DE AUGA SOTERRADA ULLA CÓDIGO ES014MSBT014-005

  • Detalle da Zona protexida de auga potable

Cód. Temático ES014MSBT014-005

Esquema temático        euProtectedAreaCode

Nombre               Ulla

Fecha de designación  14/09/2012

Tipo de zona     drinkingWaterProtectionArea

Nombre base legal        Directive 2000/60/EC of the European Parliament

  • Código da masa de auga soterrada ES014MSBT014-005

                Nome da masa de auga Ulla

O Monte Castro Valente atópase dentro da Zona protexida de auga potable da DIRECTIVA 2000/60/CE DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO de 23 de octubre de 2000 por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas, e ao que se lle aplica os obxectivos medioambientais do artigo 4 da Directiva.

Artigo 6 Rexistro de zonas protexidas

1. Os Estados membros velarán por que se estableza un ou máis rexistros de todas as zonas incluídas en cada demarcación hidrográfica que fosen declaradas obxecto dunha protección especial en virtude dunha norma comunitaria específica relativa á protección das súas augas superficiais ou subterráneas ou á conservación dos hábitats e as especies que dependen directamente da auga. Os Estados membros velarán por que o rexistro se complete dentro do prazo de catro anos contados a partir da entrada en vigor da presente Directiva.

  • AFECCIÓN SEVERA Á HERPETOFAUNA DO MONTE CASTRO VALENTE

Os principais factores de ameaza identificados son a alteración por causas humanas do hábitat, tanto acuático como terrestre,  o anfibio máis ameazado é Pelobates cultripes. Tamén se atopan ameazadas outras especies como Chioglossa lusitanica, Ra iberica e Ra temporaria. En réptiles, a especie máis ameazada é Emys orbicularis. Ademais desta, as restrinxidas e limitadas poboacións galegas de Lacerta vivipara, Chalcides bedriagai e Vipera latasti atópanse tamén ameazadas.

Na tramitación ambiental non  se realizou un estudo serio da herpetofauna. A instalación abundante de parques eólicos en zonas húmidas de ribeiras de ríos, vales fluviais, veigas, charcas, lagoas, brañas…e zonas húmedas en xeral e a falla de estudo da herpetofauna por parte das promotoras eólicas e a escasa esixencia das Administracións neste aspecto, constitúen  causas do declive de anfibios e réptiles.

As importantes remocións de terras producidas polas instalacións eólicas, a maquinaria pesada, os desbroces de matogueira, a eliminación de rochas….etc., contribue ao Global Amphibian Decline.

Os “sapos” da fauna galega tamén sufriron un destino paralelo ao das “ras”. Aquelas especies que realizan migracións masivas ás charcas de cría (“explosive breeding”, como o sapo común, Bufo bufo) son diezmados polo tráfico rodado sobre as estradas e pistas forestais.

Esta deterioración da situación débese a que a alteración dos medios naturais galegos, no canto de remitir, aumentou  nos últimos anos, en ocasión exponencialmente. O recente aumento na degradación da contorna, sobre todo polas plantas de enerxías renovables (con parques eólicos que cobren ou están a piques de cubrir a maior parte das montañas de Galicia e un elevado número de centrais hidroeléctricas), polos parques industriais (que adoitan situarse nas mellores zonas de vales e veigas), pola industrialización indiscriminadada dos montes e montañas….

Moitas destas obras están a afectar ademais áreas que se mantiveron ata o de agora en favorable estado de conservación (cumes de serras, gargantas fluviais, brañas…e humedais de montaña en particular, como é o caso do proxecto eólico Castro Valente.

Ecoloxistas en Acción Galiza pide ao Conselleiro Francisco Conde que recúe na tramitación do proxecto eólico Castro Valente, en Padrón