Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Acampa pola paz, convidada pola fundación FIBGAR a participar no seu seminario “Voces da sociedade civil para unha democracia sustentable”

Este espazo virtual para o intercambio de coñecementos e perspectivas entre distintos actores da sociedade civil europea e latinoamericana terá lugar hoxe, 9 de abril.

Acampa pola paz, convidada pola fundación FIBGAR a participar no seu seminario “Voces da sociedade civil para unha democracia sustentable”
flyer evento 5 voces red
flyer evento 5 voces red

A Coruña, 8 de abril 2024.- A Fundación Internacional Baltasar Garzón (FIBGAR), membro de Rede Acampa desde o pasado ano, convidou ao noso Movemento a participar nun dos proxectos que puxo en marcha, “Voces da sociedade civil para unha democracia sustentable: diálogo entre Europa e América Latina”. Trátase dun espazo de intercambio de coñecementos e perspectivas entre distintos actores da sociedade civil europea e latinoamericana na defensa da esencialidade dunha  sociedade civil organizada.

Rede Acampa achegou no principio do ano un artigo no que analiza o papel de Movementos como Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio na conformación dunha sociedade crítica, e destaca a necesidade de garantir dereitos e acceso á xustiza á poboación refuxiada. No documento, Acampa defende a urxencia de reforzar as políticas públicas que protexan integral e efectivamente a esta poboación, facendo especial fincapé na infancia e a mocidade refuxiada. Esa protección, ademais de reforzada ten que ser transnacional e non pode nin debe estar ao azar do que aplique cada estado polo que atravesan os principais roteiros migratorios, en función da súa situación ou dos seus equilibrios xeopolíticos puntuais. En definitiva, dentro do marco dos DDHH.

Agora, mañá 9 de abril, a profesora Celia Regina Rossi, coordinadora de Rede Acampa Brasil, defenderá estas formulacións no seminario virtual organizado por FIBGAR baixo o título “Crise nos estados de dereito. Como facelas fronte”. Xunto a ela, outro tres relatores, Harlan Koff, Julia Ross Cuéllar e Mauricio Alejandro Coronel.

A ligazón para poder seguir á esta palestra virtual é

 https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_B7Qu0yVbTXqJkNe3Fl8q5g

A participación da sociedade civil organizada representa un factor crave da nosa democracia, apuntan desde a Fundación Internacional Baltasar Garzón,  e así o destacan as resolucións do Comité Económico e Social Europeo sobre a participación da sociedade civil organizada nos plans nacionais de recuperación e resiliencia de 2022 e Unidos pola democracia de 2023.

Acampa pola paz, convidada pola fundación FIBGAR a participar no seu seminario “Voces da sociedade civil para unha democracia sustentable”